Subseccións

Publicacións

2ª Feira - 2

.

Os Bolechas no Concello de Barro

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade Os Bolechas e o Sabichón, que chega o día 12 de xuño ao Concello de Barro.  A maiores de promover o uso da lingua de Galicia, como busca o programa de dinamización con propostas de lecer de calidade no noso idioma, Os Bolechas e o Sabichón tamén ten a súa parte didáctica, xa que a actividade simula un concurso no que tanto os irmáns Bolechas coma os nenos e nenas asistentes deberán demostraren os seus coñecementos e habilidades lingüísticas. Os bonecos preséntanse en forma de monicreques manipulados por actores á vista, modalidade novidosa en Galicia. O Sabichón é un personaxe moi “l...

Uso de instalacións xuvenís. Oferta concertada

Prazo: Dende o 27/03/2014 ata o 10/04/2014 Prezos: Os prezos dos servizos ofertados aparecen recollidos no anexo I da orde pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, durante o ano 2014 DOG 03-01-2014 Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos  Requisitos: Poderán solicitar o uso das instalacións: 1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas. 2. Os consellos locais e municipais de xuventude. 3. Corporacións locais. 4. Out...

Actividades dos 18 aos 30 anos. Xunta

Prazo. reserva de praza a partir do 27/03/2014 ata esgotar prazas. ACTIVIDADES: Conecta don Galicia - 1ª quenda: do 1 ao 12 de xullo Aloxamento: Residencia Xuvenil LUG II (Lugo) e Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo) - 2ª quenda: do 15 ao 26 de xullo   Aloxamento: Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense) e Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo) Travesía náutica xacobea: do 6 ao 10 de xullo Aloxamento: Goleta Nieves (non inclúe o traslado ata o porto de saída nin as comidas en terra) Conecta con Galicia: 120 euros Travesía náutica Xacobea: 125 euros O prezo das actividades inclúe a estancia, a manutención, e de ser o caso, clases teóricas ou prácticas durante a durancion do programa. As persoas con Carné Xove ou con título de familia numerosa terán un desconto do 25%.  &n...

CAMPAMENTOS XUNTA - 2

PRAZO: Dende o 27/03/2014 ata o 10/04/2014 IDADES: ENTRE OS 9 E 17 ANOS. FOLLETO INFORMATIVO: http://xuventude.xunta.es/ PUBLICACIÓN: DOG 26-03-2014 As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta pola natureza, actividades de multiaventura, etc. Podedes recoller o folleto informativo na OMIX DE BARRO •Condicións xerais (autorización para a publicación de imaxes, servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prez...