Publicacións

laboratorio de teatro

Laboratorio de Teatro

Continuamos coas actividades de dinamización lingüística programadas dende fai seis anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. Esta é a terceira actividade de “Dándolle á lingua”. No “Laboratorio de teatro” acadaredes as liñas básicas para crear unha atmosfera máxica e ideal para narrar e interpretar. Exploraremos e potenciaremos as capacidades expresivas dos e das participantes, por medio de dinámicas e xogos, memorización e montaxe de pequenas escenas. Día: unha vez á semana (os martes) Data: Comezamos o MARTES 30 DE AGOSTO ata o MARTES 25 DE OUTUBRO de 2022 Horario: 19:30h a 21:00 Na OMIX de Barro. Horario: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h Telefono: 986714806 - 690722812.