Subseccións

Publicacións

CURSOS GRATUITOS PARA XOVENES

.

CURSO PARA OBTER CERTIFICADO DE APTITUDE DE PROFESOR DE FORMACIÓN VIAL.

Prazo: 30 días naturais seguintes á publicación no BOE Máis información: BOE 20/01/2012 Proba previa de selección.Os aspirantes admitidos non exentos serán sometidos a unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica. Para superar a Proba previa de selección os aspirantes deberán ser declarados aptos en ambas as probas. Proba teórica. A proba teórica, que versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade viaria, terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas sobre as materias antes indicadas, seguindo un sistema de elección múltiple Proba prác...

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS medio e superior 2012.

Ciclos formativos de grao medio Prazo: 27 de febreiro e o 9 de marzo de 2012, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo I recollido na Orde do 2 de decembro de 2008. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional. Realización das probas de acceso. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2012 no horario que se indica a seguir: – Ás 9.00 horas: presentación. – Das 10.00 ás 11.00 horas: parte matemática. – Das 11.30 ás 13.30 horas: parte sociolingüística. – Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica. Ciclos formativos de grao su...

proceso de acreditación de competencias profesionais

Convocado o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais. Consulta aquí os prazos e a relación completa.

Cursos CELGA - 2

No DOG do 09/01/2012, publícase a ORDE do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012. Establécese como data límite para a presentación de solicitudes para todos os cursos regulados nesta orde o 30 de xaneiro de 2012. Para facilitar a elección dos cursos, as persoas interesadas son informadas de que as próximas probas para a acreditación do nivel de lingua galega terán lugar os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente. No mes de marzo sairá publicada na páxina http://www.xunta.es/linguagalega.es unha convocatoria específica de cursos en liña para preparar a proba do Celga 1. Para obter a acreditación do nivel...