Subseccións

Publicacións

FORMACIÓN: MEDIACIÓN XUVENIL PARA A PARTICIPACIÓN - 2

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado realizará un OBRADOIRO no Concello de Barro dentro do seu programa “ACTIVA”, dirixido á mocidade de tódolos municipios galegos. A través dun obradoiro práctico e dinámico un técnico da Xunta chegará á mocidade, tanto información sobre os recursos dispoñibles dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado como formación  que lles poda axudar de cara a un futuro. DATA: 21-abril ás 11:00 da mañá OBRADOIRO: MEDIACIÓN XUVENIL PARA A PARTICIPACIÓN. Contidos: Introdución ao asociacionismo Funcións dunha asociación Trámites para a súa creación Acta constitucional Estatutos Rexistro Facenda Rexistro de xuventude Regulamento e funcionamento interno Financiamento MAIS INFORMAC...

Prazo para solicitar a inclusión en listas da Xunta de Galicia.

Prazo: do 1 de marzo ao 15 de xullo de 2012. Requisitos:   •Listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se atopan abertas e en que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo de 2012: - Corpos e escalas (persoal funcionario): Corpo superior de administración da Xunta de Galicia, Escala de veterinarios, Inspección turística, Escala técnica de estatística, Escala de axentes forestais. - Grupos e categorías (persoal laboral): Titulado/a superior especialista, Titulado/a superior famacéutico/a, ATS, Enfermeiro/a, Practicante, DUE, Oficial 1.ª cociña, Oficial 1.ª cociñeiro, Xefe/a cociña, Cociñeiro/a 1.ª, Oficial servizos técnicos, Oficial 1.ª mantemento, Oficial 1.ª oficios varios, Oficial de primeira, Auxiliar sanitario, Auxiliar...

Curso informática para principiantes - 3

.

Probas Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012.

Destinatarios. As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2012, nacionais ou estranxeiras. Prazo de inscrición. Desde o día seguinte a publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 3 de abril de 2012 (inclusive). Datas de realización das probas. Celga 4: 2 de xuño de 2012. Celga 2: 3 de xuño de 2012. Celga 3: 9 de xuño de 2012. Celga 1: 10 de xuño de 2012. Contía das taxas de exame. Segundo o previsto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros. Sistema de liquidación das taxas de exame. As persoas solicitantes presentarán, xunto coa solicitude, o xustificante do pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na vixente Lei 6/200...

Probas para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos

Requisitos: a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano natural en que se vai realizar a proba. b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos. c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar en que se realicen as probas. Convocatorias. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa realizará unha ou máis convocatorias anuais destas probas, cando as circunstancias así o aconsellen. A convocatoria ou as convocatorias, os centros onde se realizarán as probas, os prazos de matrícula e as datas de exame serán determinados anualmente mediante resolución desta dirección xeral. A mesma dirección xeral poderá realizar conv...