Durante estas 40 horas, as persoas participantes, acadaron ou perfeccionaron moitas habilidades na repostería. Aqui deixo alguns exemplos dos traballos.
PRAZAS: 25 DOCUMENTACIÓN A APORTAR POLOS SOLICITANTES: · TARXETA DE DEMANDANTE DE EMPREGO · VOLANTE DE EMPADROAMENTO · DNI . INSTANCIA DE SOLICITUD CUBERTA INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DE BARRO. Horario: luns, mércores,venres e sábado de 9:00 a 14:00 h martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas.
Taller de Incubadora de Proxectos: Esta xornada é para aquelas persoas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos. Programa Iniciativa Xove que financia con ata 4000 euros a proxectos impulsados por mozos e mozas no campo da participación xuvenil. Unha liña de axudas para que os propios mozos e mozas poidan realizar proxectos e iniciativas interesantes que revertan na mocidade de hoxe. Poden xurdir dende as asociacións e entidades legalmente constituídas ou ben á marxe delas, a través dos grupos informais de mozos e mozas.
A Deputación de Pontevedra, a través do proxecto Aquelando 3, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo, vai iniciar varios cursos. As persoas participantes poderán percibir unha bolsa pola súa asistencia á formación. Requisitos: • Desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia • Estar empadroadas nalgún concello de provincia (agás Vigo e Pontevedra, por ter estes concellos proxectos propios) Máis información e inscricións: 986 804 100 ext. 41252 ou a través de aquelando@depo.es