O Concello de Barro, a través da Oficina de Información Xuvenil, convoca o “XXII Concurso de Postais de Nadal”.
O Concurso de Postais e felicitacións de Nadal e aninovo pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega.
Segundo. - PARTICIPANTES
-A participación é aberta para todas as persoas interesadas.
-Cada participante poderá enviar un máximo de dúas postais.
As presentes bases poderán descargarse na páxina web do concello ou recollerse na OMIX de Barro (Santo Antoniño nº12, Perdecanai, 36194 Barro Pontevedra) en horario de atención ao público: luns, mércores, venres e sábados de 9:00 a 14:00 h e martes e xoves de 16:00 a 21:00 h. O teléfono de información 986 714 806 / 690 722 812.
Solicitude
As postais virán acompañadas dunha solicitude que poderán descargar na páxina web www.barro.gal ou solicitar na OMIX de Barro.
Terceiro - CRITERIOS, PRAZOS E PRESENTACIÓN
Criterios de participación:
- As postais realizaranse nun tamaño de medio folio DIN-A4, podendo ser en branco e negro ou en cor.
- O tema é libre.
-O idioma empregado na realización das postais será o galego.
Prazos:
Entrega de postais: os traballos presentaranse no rexistro do Concello de Barro, a través da sede electrónica. A data límite de entrega será o 19 de decembro de 2022 (inclusive).
A presentación poderán realizala:
-A través dos centros de ensino.
-Directamente pola persoa participante (en caso de ser menor de idade, polo adulto responsable).
Presentando a postal a través do centro educativo o código seguirá esta orde (categoría + clase + nº na clase). ou directamente presentada no rexistro (categoría + iniciais do nome e apelidos do representante)
Unha vez recibidas as postais serán publicadas nas redes sociais do Concello de Barro co código correspondente e o cancelo #NadalenBarro.
Quinto. – PREMIOS
Todas as postais admitidas serán expostas durante as vacacións de Nadal, nas redes sociais do Concello de Barro e se as condicións sanitarias o permiten, no Pazo da Crega.
Categorías:
Categoría A: Categoría A: infantil só para centros escolares (pequeno detalle por participar)
Categoría B: 1.º e 2º de primaria (traballo individual)
Categoría C: 3º e 4º de primaria (traballo individual)
Categoría D: 5º e 6º de primaria (traballo individual)
Categoría E: 1.º e 2º ESO (traballo individual)
Categoría F: 3º e 4º ESO (traballo individual)
Categoría G: en equipo que pode estar formado por: nenos e familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas.
Sexto. – CRITERIOS DE VALORACIÓN
- O día 21 de decembro o xurado reunirase para decidir as postais premiadas, facendo público o fallo do concurso a partir do 22 de decembro.
- O premio poderá quedar deserto a criterio do Xurado, que adoptará as resolucións por maioría.
Sétimo. – XURADO
Presidente:
Vogais:
-As decisión do Xurado serán inapelables, sendo da súa competencia a adopción das decisións que coide oportunas, naquelas circunstancias non contempladas nas presentes Bases.
-A participación neste Concurso supón a aceptación íntegra destas Bases e das decisións do Xurado.
-A participación no Concurso leva a cesión a favor do Concello de Barro ou das entidades colaboradoras dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras e a exposición dos seus traballos. Así mesmo, poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro ou entidades colaboradoras como nas redes sociais do Concello de Barro, e en todos os soportes ou medios dixitais sempre citando procedencia e autor.
Oitavo.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase nun acto público, no que a data e lugar de celebración se anunciarán previamente.
Noveno.- PUBLICACIÓN
Estas Bases publicaranse na páxina web (www.barro.gal) e nas redes sociais do Concello. Para informarse poden chamar aos números: 986.714.806/690.722.812
O Concello de Barro resérvase o dereito a realizar os cambios oportunos que poida considerar necesarios para o correcto funcionamento.