XVI Concurso de Postais de Nadal

gañadores postais

O Concello de Barro a través da Oficina de Información Xuvenil vén a convocar o “XVI Concurso de Postais de Nadal”.

-   A este concurso poderán concorrer as persoas empadroadas no Concello de Barro.

-   As postais enviadas terán un tamaño de 21 x 14,8 cm. (medio folio DIN-A4), podendo ser en branco e negro ou en cor.

Cada concursante poderá presentar como máximo dúas postais.

- O tema é libre.

- Presentaranse na Oficina de Información Xuvenil deste Concello, sita na Biblioteca Pública Municipal, antes das 21:00  horas do día 15 de decembro de 2016, indicando na parte posterior da postal a categoría e os datos do concursante: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo completo e teléfono.

- Tódalas postais admitidas serán expostas no Pazo da Crega durante as vacacións de Nadal. Posteriormente trasladaranse á Biblioteca Pública Municipal de Barro fallándose o concurso o día 16 de decembro e outorgándose o premio o día da Cabalgata de Reis (5 de xaneiro 2017).

Categorías:

1.ª categoría Infantil

2.ª categoría 1.º e 2º de Primaria

3.ª categoría 3º e 4º de Primaria

4.ª categoría 4º e 5º de Primaria

5.ª categoría 1.º e 2º E.S.O.

6.ª categoría 3º e 4º E.S.O.

7.ª categoría en equipo (avós e netos, pais e fillos, irmás  etc.)

Premios

- A postal gañadora por cada categoría obterá un premio, excepto os pertencentes á categoría infantil onde todos recibirán a visita de Papa Noel nas aulas.

- O premio poderá quedar deserto a criterio do Xurado, que adoptará as resolucións por maioría.

Xurado

Presidente:

*D. Roberto Rivas Reboredo ou persoa na que delegue.

Vocais:

*Dna. Claudia Favorecido Domínguez, Profesora de 3º ciclo do C.E.I.P. “Amor Ruibal” de Barro.

*Dna. Blanca María Lago Suárez, Coordinadora de actividades complementarias e extraescolares C.E.I.P. “Amor Ruibal” de Barro.

*Dna. Consuelo Vázquez Tur, Directora do I.E.S. de Barro.

*Dna. Mirta Pequeño González, Profesora de Educación Plástica do I.E.S. de Barro.

*Secretaria: Dna. Pilar Álvarez García, Informadora Xuvenil.

- As decisión do Xurado serán inapelables, sendo da súa competencia a adopción das decisións que coide oportunas, naquelas circunstancias non contempladas nas presentes Bases.

- A participación neste Concurso supón a aceptación íntegra destas Bases e das decisións do Xurado.

- A participación no Concurso leva a cesión a favor do Concello de Barro ou das entidades colaboradoras dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras e a exposición dos seus traballos. Así mesmo, poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro ou entidades colaboradoras como na Web www.barro.es, e en tódolos soportes ou medios dixitais sempre citando procedencia e autor.

 

Galería