Voluntariado

Oficina de Voluntariado

A Oficina de Voluntariado realiza unha tarefa de divulgación da labor voluntaria dentro do Concello de Barro, xunto coas actividades de sensibilización sobre solidariedade, participación e voluntariado.

Voluntarios/as que precisamos:
Voluntarios activos, creativos e con gañas de achegar a información as persoas da súa idade (adultos, xuventude, terceira idade).

Voluntarios que desenvolverán actividades de difusión de información.

Para participar nos diferentes proxectos de voluntariado, as persoas voluntarias deberán pasar unha entrevista onde seleccionaremos, (segundo as súas preferencias e características) a actividade na que van a realizar a súa labor.

Actividades de ocio e tempo libre con rapaces/as
A través de actividades como construcción de castelos de area, ir de pesca, facer disfraces, caretas, xogos de mesa, obradoiros de cociña, etc. os voluntarios, (durante os sábados pola mañá, datas sinaladas e vacacións) darán un valor añadido a comunicación entre os rapaces/as que participen.

Voluntarios/as que precisamos:
Voluntarios dinámicos, activos que lle guste o traballo con xente nova.

Amigos da Biblioteca.
Para converter a Biblioteca Pública de Barro nunha ponte cara o coñecemento, durante as tardes dos mércores e venres os voluntarios realizarán unha labor de apoio nas seguintes actividades.

-Entre nós e as letras: obradoiro de palillar e de calcetar no que os rapaces/as o rematar cada sesión levarán un libro.

-Club de lectores no que desenvolveran actividades como; cine e lectura, fichas temáticas, xogos por palabras, a hora do conto, xogos de expresión oral e corporal, etc.

Voluntarios/as que precisamos:
As persoas con interés polos libros e con capacidade de improvisación e expresión oral poden axudar a dar movemento a idea dunha biblioteca.

Voluntarios medio ambientais: Unha experiencia de participación para a recuperación dos ríos de Barro.
Coa intención de colaborar na mellora dos ríos Areal, río Pequeno, río Santa Susana, e Barosa no termo de Barro os voluntarios desenvolverán as seguintes actividades:

• Mellora do hábitat:
-Tarefas de limpeza de marxes e fondos dos ríos e regatos
-Recollida de residuos sólidos.

Voluntarios/as que precisamos:
Os voluntarios deberan posuír capacidade para adaptarse e traballar en xornadas de campo que, en ocasións, resultan difíciles debido o calor. É fundamental, ter gañas de traballar en equipo e moita ilusión.

Galería