Vilaboa

Nos arredores de Castiñeiras atópanse varios monumentos megalíticos e gravados rupestres. Da época romana quedan vestixios da IV Vía Militar de Braga a Santiago, que se desviaba pola costa cara á península do Morrazo e atravesaba Bértola e Figueirido. Tamén son de interese as súas igrexas parroquiais de estilo románico, aínda que moi reformadas, entre as que sobresae a de Vilaboa, que conserva dous fermosos capiteis do século XII. Na parroquia de Santo Adrián de Cobres, no lugar de Ubeiras, existen restos dun castelo construído para defender o estreito, do que se conservan os cimentos e parte dos muros.

Ademais, no concello existen restos dunhas antigas salinas, situadas no barrio de Paredes, chamadas as Salinas do Ulló. Están enclavadas nun baixo val que se compón de partes de horta, bosques de piñeiros, carballos, salgueiros, bidueiros e unha parte de esteiro que hoxe é refuxio para aves migratorias.

DE INTERESE:

Lago de Castiñeiras: Este área de recreo está situada ao borde do lago Castiñeiras, lago artificial apto para o baño, creado nos anos 50, e rodeado dunha flora e fauna variada. As especies que se poden atopar neste espazo son o carballo americano, o eucalipto, laurel e o piñeiro que proporcionan abundantes sombras. En canto á fauna pódense ver, cervos, gamos e numerosas aves, algunhas palmípedas. 

Miradoiro de Cotorredondo, Dende aquí contémplase a Illa San Simón e as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra. Rodeando ao mirador, chamado tamén "Mirador das tres Rías", hai abundante vexetación de toxos, carballos, eucaliptos, piñeiros e laureis. A fauna é variada: cervos, gamos, corzos, patos e outras especies de aves. 

Enseada de San Simón, onde non se pode perder a visita.

Montes do Morrazo, onde se conservan fermosos exemplos de vexetación atlántica.