Taller de Incubadora de Proxectos

Taller de Incubadora  de Proxectos:

Esta xornada é para aquelas persoas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.

 Programa Iniciativa Xove que financia con ata 4000 euros a proxectos impulsados por mozos e mozas no campo da participación xuvenil.

Unha liña de axudas para que os propios mozos e mozas poidan realizar proxectos e iniciativas interesantes que revertan na mocidade de hoxe. Poden xurdir dende as asociacións e entidades legalmente constituídas ou ben á marxe delas, a través dos grupos informais de mozos e mozas.