Está situado no noroeste da provincia de Pontevedra é está formado por 6 parroquias, cunha poboación total de 3.600 habitantes, e unha extensión de 38,9 km2.
Limita polo norte con Portas e Moraña, polo sur Pontevedra e Poio, polo leste con Moraña e Pontevedra, polo oeste con Meis e Portas.
Posición xeográfica:
Latitude: 42o 31´2 Norte
Lonxitude: 8o 38´ Oeste
Vexetación
Abundan as carballeiras, eucalitais, e os piñeiros.
Orografía
A súa orografía é unha mezcla de zona baixa e zona de montaña. A zona baixa, pola súa proximidade ó mar, está sendo utilizada para a agricultura (viñedos, horta, etc) . A zona de montaña, está composta de elevacións relativamente baixas, entre as que sobresalen o monte Acibal, con 541 metros e o Castrove, con 450 metros.
Clima
Pola súa proximidade ó mar, o clima é oceánico con bastante humidade e choivas frecuentes. A temperatura media anual é de 15 graos.