Secretaría Xeral

As funcións do Secretario Xeral son:

Extendelas actas das reunións e da fe pública dos acordos dos órganos colexiados seguintes:

* Pleno municipal.
* Xuntas de Goberno.
* Xunta de Portavoces.
* Informativa de Urbanismo e Medio Ambiente.
* Xunta Local de Seguridade Cidadán.
* Da fe pública dos decretos e demáis resolucións da Alcaldía e dos Concellais delegados.
* Expide as certificacións de tódolos documentos obrantes no Concello.
* Emite os informes xurídicos previos á adopción de acordos e á emisión de resolucións cando sexan legalmente preceptivos. 

Ostenta a xefatura dos departamentos administrativos seguintes:

* Asesoría Xurídica
* Actas e Asuntos Xerais
* Administración de Servizos Técnicos
* Arquivo
* Padrón e Estatística
* Información e Rexistro
* Persoal
 
 Outras actividades

Exerce as funcións de Delegado da Xunta Electoral de Zona con ocasión das eleccións ó Parlamento Europeo, lexislativas, autonómicas e locais.
 
Algúns documentos ó seu cargo

* Libro de Actas do Pleno Municipal 
* Libro de Actas da Xunta de Goberno  
* Libro de Decretos da Alcaldía  
* Rexistro de Intereses dos membros da Corporación