Roteiros para a Xuventude - 2

  O programa “ROTEIROS PARA A XUVENTUDE” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ó mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
Os obxectivos xerais destas actividades son ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal.
O programa oferta dous programas de actividades en dúas localizacións xeográficas distintas:
•    Dende o mar
•    Dende o ar
A información detallada de cada un dos programas atópase no PDF informativo.
Reserva de praza e cota de inscrición
Os/as interesados/as na participación neste programa poden facer a reserva de praza chamando aos números de teléfono 981 545937/ 981 545702/ 981 545822 e 981 541689, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo máximo de 48 horas.

A cota de inscrición será de 80 euros e  os/as posuidores/as do Carné Xove 60 euros.

Mais información: http://xuventude.xunta.es/roteiros-para-a-xuventude.html