AVISO REUNIÓNS INFORMATIVAS
EN RELACIÓN COA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DE CAMIÑOS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CURRO – PORTELA (CONCELLO DE BARRO).
Pola presente ponse en coñecemento de tódalas persoas interesadas que o pasado 10 de agosto de 2018 tivo entrada no Rexistro do Concello de Barro o PROXECTO DE CAMIÑOS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA CURRO – PORTELA. O proxecto está a exposición pública para a presentación de alegacións ata o 13 de setembro de 2018.
Para todos aqueles que o desexen poderán asistir as seguintes reunións informativas que se desenvolverán nas seguintes datas e para as parroquias que se indican na BIBLIOTECA PÚBLICA DE BARRO:
- CURRO: 29 de agosto de 2018 ás 21::00 h.
- PORTELA: 30 de agosto de 2018 ás 21::00 h.
Asemade podrá consultar o proxecto no seguinte enlace da Consellería de Medio rural: http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions/