Renda básica de emancipación

En qué consiste?
Os mozos e mozas entre 22 e 30 anos poderán recibir 210 euros mensuais para o pagamento do aluguer da súa vivenda habitual durante un máximo de catro anos e 600 euros de empréstimo que se poden utilizar para a fianza. Ao finalizar o contrato de aluguer ou cando deixe de recibir a renda de emancipación, deberás devolver esta cantidade. Se se precisa aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación.

Que condicións hai que cumprir?
Ter entre 22 e 30 anos. Dispoñer dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais. Isto inclúe aos traballadores por conta propia ou allea, aos bolseiros de investigación e aos perceptores de prestación de desemprego ou dunha pensión por incapacidade. Se os teus ingresos mensuais non superan os 1.500 euros netos, poderás acollerte á axuda. Tamén deberás acreditar unha vida laboral de alomenos 6 meses de antigüedade, inmediatamente anterior ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de alomenos 6 meses contados desde o día dda súa solicitude. Se estiveches traballando durante os últimos 6 meses a comprobación realizarase directamente coa Seguridade Social, ou se nos próximos 6 vas a estar traballando e recibindo ingresos de forma regular, deberás aportar o contrato. O outro requisito é ser titular do contrato de aluguer, que debe estar ao teu nome ou ser un dos firmantes, Os estranxeiros non comunitarios deben contar coa residencia legal permanente no Estado español. 

Cales son as características da prestación?
A duración é de 4 anos, sexan ou non consecutivos. Isto quere dicir que podes fraccionar a duración da prestación, así se aos tres anos deixas de recibir a renda de emancipación, cando volvas a necesitala, se aínda cumpres os requisitos, podes volver a solicitar a prestación polo anos restante. Só haberá unha prestación por vivenda habitual alugada. Beneficiaranse tamén os que xa estén de aluguer. No caso de que haxa máis dun asinante do contrato, as contías das axudas a cada un dos que teñan dereito ás mesmas serán o resultado de dividir as cantidades da axuda polo número total de titulares.

O receptor non pode ser propietario dunha vivenda. O empréstimo e o custe do aval só poderán ser percibidos unha única vez. Concederanse só para contratos de aluguer novos. O pago da prestación de 210 euros realizarase cada mes, despois de comprobar que o inquilino realizou a transferencia da renda mensual ao propietario. Non se aceptarán contratos de aluguer entre familiares próximos (1º ou 2º grado de consanguineidade ou afinidade). Se se modificara algunha das circunstancias, o beneficiario haberá de comunicalo de inmediato ao órgano que lle recoñeceu o dereito á axuda, para que resolva o que proceda e o comunique ao Ministerio de Vivenda.

Cando entra en vigor?
A prestación entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2008, por tanto poderase presentar a solicitude desde esa data. Infórmate máis polo miúdo na Consellería de Vivenda e solo. A renda de emancipación será percibida por meses completos, e terás dereito a recibila desde o mes siguinte ao da súa solicitude.

Cales son os pasos necesarios para obter a prestación?
Hai que presentar a solicitude ante a Consellería de Vivenda e Solo, que comprobará que se cumpren todos os requisitos para percibir a renda de emancipación e o comunicará no prazo máximo de dous meses.

Coa resolución outorgada pola Consellería, o solicitante deberá dirixirse á entidade bancaria colaboradora para solicitar o pagamento. Despois de comprobar que o solicitante realizaou a transferencia do pago do alguer mensual ao propietario, o Ministerio ingresará na conta bancaria do solicitante o importe da prestación. Se o solicitante aínda non ten contrato de alguer, poderá solicitar o recoñecemento provisional do dereito á renda. Neste caso, terá tres meses desde o recoñecemento do dereito para buscar casa e presentar unha nova solicitude aportando o contrato de aluguer. A Consellería de Vivenda comprobará os datos e comunicará o recoñecemento definitivo do dereito á renda. Inmediatamente, o Ministerio ingresará a axuda na conta bancaria do solicitante, desde o mes en que se presente o contrato de aluguer.

Que documentación hai que presentar para obter a prestación?
Basta con presentar o impreso de solicitude no que figuran os datos personais necesarios para comprobar que se cumpren todos os requisitos como, a idade, o número da Seguridade Social, a referencia catastral da vivenda, o número de conta, etc. E unha copia do contrato de aluguer. Nalgún caso deberás presentar outra documentación que demostre que cumpres algún requisito exixido.

É compatible esta prestación con outras axudas?
A renda de emancipación é compatible coa dedución fiscal a favor do inquilino, actualmente en tramitación nas Cortes. A partir da declaración da renda de 2008 (que se presenta en 2009) poderase deducir o 10,05% do que pague polo aluguer da súa vivenda, até un máximo determinado, sempre que se teñan uns ingresos anuais por debaixo dos 24.000 euros netos.

A renda de emancipación non é compatible coas axudas ao inquilino vixentes do Plan Estatal de Vivenda.