PROGRAMA DEPOTERMAL 2017

DEPOTERMAL 2017

A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza o Plan “Depotermal” 2017 (orientado a mellora-la calidade de vida e envellecemento activo, así como fomentar as relacións Sociais) no que se incluén dous programas termais:                       

  1. Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos.
  2. Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa.

BENEFICIARIOS/AS: persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan.

REQUISITOS:

  a) Nacer antes do 1 de xaneiro de 1967.

  b) No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1967 ou con posterioridade, ter a condición de  pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

  c) No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1967 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

  d) Precisar dun respiro familiar.

No caso de parellas que desexen participar no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nas bases publicadas no BOPPO de 15/05/2017.

O prazo de presentación de solicitudes é do 2 de xuño ao 1 de xullo.