Primavera actifva en casas de turismo rural

É un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia. 

CONDICIÓNS XERAIS 

Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación. A asignación de cuartos será a libre disposición. 

DATAS 

Marzo, Abril e Maio. 

INCORPORACIÓN 

O desprazamento ata as casas de turismo rural o día de incorporación e o día de abandono da actividade será por conta dos participantes. Durante o programa, os desprazamentos do sábado realizaranse por conta da organización do programa.
A incorporación realizarase o venres pola tarde e o abandono da actividade o domingo antes de xantar. 

O PROGRAMA INCLÚE 

* Aloxamento en casas de turismo rural.
* Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo).
* Transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado.
* Programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas) 

MATERIAL NECESARIO 

Útiles de aseo, roupa axeitada, roupa usada e cómoda, roupa de abrigo e chuvia, roupa deportiva, calzado forte e cómodo e calzado deportivo. 

PRAZAS 

O número máximo de participantes en cada unha das fins de semana será de 24. 

PREZO 

60 euros por praza. Os posuidores do carné xove Euro <26 e do carné Máis (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%. Aqueles mozos que obteñan praza deberán ingresar a cota nos dous días seguintes á confirmación das prazas no número de conta sinalado ao facer a reserva, indicando a opción e fin de semana na que van participar. O xustificante de facer dito ingreso deberá ser remitido por fax a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (981 54 58 43) 

ANULACIÓN 

Só procederá a devolución de taxas cando, por causas non imputables ao interesado, o servizo non se preste ou cando a administración anule a actividade (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia). 

INSCRICIÓNS 

Os interesados neste programa poderán facer a reserva da súa praza mediante chamada telefónica, a partir do 11 de febreiro, aos números que aparecen relacionados neste folleto para cada unha das opcións, en horario de 9 a 14 horas, todos os días laborables agás os sábados.
O número máximo de prazas que se poderán reservar por cada chamada telefónica será de dúas.
Mais información na páxina: http://http://www.primaveractiva.info/home.php