Padrón de Habitantes e Censo

Forma parte tamén da Secretaría Xeral, e esta sección é a encargada de mante-lo Padrón de Habitantes ó día.
Na actualidade, o Padrón de Habitantes está informatizado, polo que as actuacións sobre o mesmo (altas, baixas ou modificacións), realizanse prácticamente ó día.
É ó través de aquí donde se emiten certificacións ou informes relativos co movemento de poboación dentro do termo municipal.
Periódicamente, as variacións do Padrón, remítense ó Instituto Nacional de Estatística, co fin de mante-lo Censo ó día. 

Documentos necesarios para realizar trámites do Padrón:

Calquera dos trámites que se dexensen realizar no Padrón de habitantes, pódese facer a través do Concello Dixital, se é usuario deste servizo.
Se non desexa utiliza-lo Concello Dixital, pode dirixirse ó Concello onde lle darán toda a documentación necesaria, pero de tódolos xeitos debe acompaña-la seguinte: 

* Expedición de certificados de empadronamento; presentación do orixinal dun dos seguientes documentos: 
     * DNI, pasaporte ou carnet de conducir.

* Altas de empadronamento doutros municipios ou do extranxeiro. 
     * Os impresos recóllense no propio negociado.

*  Baixas de empadroamento a outros municipios ou ó extranxeiro. 
     * Tramitaranse directamente nos concellos ou consulados de España onde se estableza a residencia.

*  Cambios de domicilio dentro do municipio. 
     * Libro de familia, carnets de identidade, conducir ou pasaporte de tódolos membros da unidade familiar e algún dos documentos que se sinalan e que acredite o dereito a dito empadroamento: escritura de propiedade, contrato de arrendamento, recibo da auga, luz ou teléfono, ou autorización do propio titular.