Os Residuos

Os Residuos sólidos urbanos constitúen actualmente un dos máis serios problemas medioambientais derivados das actividades produtivas e de consumo. Varios factores contribuíron ó agravamento deste problema durante as últimas décadas:

1. Na natureza todo se aproveita pero o home rachou co ciclo natural de circulación da materia. Coa aparición da gandería e a agricultura, inaugúrase unha nova etapa na que o ser humano deixa de depender directamente dos recursos naturais espontáneos que se atopa. Xorden poboacións estabeis que dan lugar a unha maior poboación. Isto provoca unha maior produción de desfeitos que cada vez son máis complicados de ser descompostos e reciclados.
O home actúa na natureza como productor e consumidor pero non como descompoñedor. Esta situación víuse agravada nos últimos cincuenta anos coa migración masiva das poboacións do campo á cidade.

2. O crecemento da poboación, concentrada principalmente nas grandes áreas urbanas, provocou un aumento indiscriminado dos residuos, moi por enriba das solucións que se puxeron en práctica para a súa eliminación ou recuperación.

3. A evolución da sociedade de consumo deu lugar a un cambio de comportamento nas pautas tradicionais do consumo. Dase un aumento na utilización de produtos dun só uso, así como un aumento no sobreempaquetado dos produtos, o que provoca un aumento no volume dos residuos á par que un estrago de recursos non renovabeis.

4. A carenza de sistemas de tratamento e eliminación acordes co volume e tipo dos residuos producidos, e eficaces dende o punto de vista medioambiental.

5. A falla dunha conciencia e educación cidadá sobre os problemas medioambientais que responsabilice e incite á poboación a tomar parte activa na resolución desta problemática.

As distintas actividades humanas producen distintos tipos de residuos, cunhas características diferentes, un nivel de perigosidade e toxicidade diferente e un tratamento diferente. As actividades humanas determinarán a tipoloxía que tomemos para clasificalos residuos. Así, os distintos tipos de actividades que xeran residuos son:

* Actividades Domésticas: restos de comidas, envases. 
* Actividades Industriais: pinturas, ácidos, chatarras, disolventes.
* Actividades Agro-Gandeiras: esterco, palla, restos vexetais. 
* Actividades Forestales: pólas, palla, estelas. 
* Actividades Comerciais: embalaxes, envases.
* Actividades Sanitarias: vendas, medicamentos, xiringas.

Determinadas as actividades xeradoras de residuos, atopamos catro tipos de Residuos:

1. Residuos Agrarios e Gandeiros
2. Residuos Industriais
3. Residuos Sanitarios 
4. Residuos Agrarios e Gandeiros 
5. Residuos Sólidos Urbanos