O Concello de Barro dende a súa Oficina Municipal de Información Xuvenil facilita información e asesoramento para ampliar as opcións dentro de diferentes ámbitos; laboral, educación, ocio e o tempo libre, vivenda, etc
Temos a vosa disposición un fondo de documentación organizado por áreas de interese que podedes consultar en horario de oficina (asociacionismo, voluntariado, turismo, premios e concursos, bolsas e axudas, actividades de lecer e tempo libre, ofertas de emprego, carnés, etc.)
HORARIO OMIX durante o verán de luns a sábados de 9:00 a 14:00 horas.
A partir do mes de outubro horario de inverno: Luns, mércores, venres e sábados de 9:00 a 14:00 horas. Martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas.
Non esquezades que na OMIX de Barro podedes tramitar o Carne xove, destinado á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, ambas incluídas), as solicitudes de campamentos de verano da Xunta, etc.
Por outra banda a OMIX organiza e coordina diferentes actividades o longo do ano, polo que podedes pasarvos e inscribirvos nas actividades que teñan o prazo aberto.