MEDIO AMBIENTE

 A protección do medio ambente é esencial para a calidade de vida das xeneracións actuais e futuras, e da conservación deste os responsabeis somos nós, os habitantes do planeta.

O medio ambiente é o conxunto de tódalas cousas vivas que nos rodean. Deste obtemos auga, comida, combustibeis e materias primas que serven para fabricalas cousas que utilizamos diariamente.

Ó abusar ou facer mal uso dos recursos naturais que se obteñen do medio ambiente, poñémolo en perigo e esgotámolo. O aire e o auga están contaminándose, os bosques están desaparecendo, debido ós incendios e á explotación excesiva e os animais vanse extinguindo polo exceso da caza e da pesca.