LECTORADOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas de bolseiro nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, dos centros de estudos galegos na Universidade Autónoma de Barcelona, Universidade de Estremadura, Universidade de Salamanca, Universidade Cristina Albertina de Kiel, Universidade de Heidelberg, Universidade de Leipzig, Universidade de Gales e Universidade de Varsovia.

Prazo: 13/07/13

Requisitos:

- Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.

- Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.

- Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Hispánica, Subsección de Galego-Portugués.
- Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
- Grao en Lingua e Literatura Españolas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en Lingua e Literatura Galegas ou Maior Plus en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Lingua e Literatura Modernas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de Minor en Lingua e Literatura Galegas ou Maior Plus/modalidade mixta en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.

- Poderá solicitar as prazas localizadas en Alemaña, Reino Unido e Polonia quen estea en posesión das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
- Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

Importe:

1.123,96 €/mensuais, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.

1.277,12 €/mensuais, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Mais información: http://www.xunta.es/linguagalega/