GARANTÍA XUVENIL

Proxecto SIJ+Garantía Xuvenil: Dentro do convenio entre o INJUVE e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, púxose en marcha o proxecto SIJ+Garantía Xuvenil, no que participan servizos de información xuvenil (SIJ) que ofrecerán información sobre o Sistema Nacional da Garantía Xuvenil, asesorarán no proceso de solicitude de inscrición neste e prestarán axuda a aqueles mozos que o soliciten.