Proxecto de Camiños de servizo e obras na zona de reestruturación parcelaria de Perdecanai-Barro Il. 2ª fase, X-14019.
AVISO
ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE PERDECANAI-BARRO Il
(BARRO - PONTEVEDRA) EXPOSICIÓN PÚBLICA DE PROXECTO DE OBRAS
Consonte co artigo 63.2 da Lei 4/2015, de 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia comunícase a todas as persoas propietarias e interesadas en xeral que vai estar exposto ao público o Proxecto de Camiños de servizo e obras na zona de reestruturación parcelaria de Perdecanai-Barro Il. 2ª fase, X-14019.
Durante o período dun mes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, mediante escrito rexistrado nas oficinas da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios establecidos legalmente.
Se desexa facer a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia pode facelo mediante a solicitude xenérica (PR004A).
Período de alegacións:
Data inicio: 4 de setembro de 2019
Data final: 3 de outubro de 2019
Poderán consultar a documentación do referido proxecto no seguinte enderezo:
Oficinas do Concello de Barro Lugar San Antoniño, 11 - Perdecanai - 36194 Barro (Pontevedra)
e na seguinte dirección web da Consellería do Medio Rural, na sección "Publicacións":
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos