Exposición Medicos sin Fronteiras

QUE É MSF?

Exposición de Médicos Sin Fronteras. Entrada gratuita
Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Barro Santo Antoniño Perdecanai nº 12
Datas: ata o 30 de xuño de 2011.
Horario: Luns, martes, xoves e sábados de 9 a 14 horas e mércores e venres de 16 a 21 horas

O Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Barro acolle ata o xoves 30 de xuño a exposición de Médicos Sin Fronteras “Que é MSF?”, unha mostra que quere achegar aos cidadáns o traballo e os principios de actuación desta organización médico-humanitaria internacional con máis de 350 proxectos en 65 países de todo o mundo.
Estruturada en varias columnas formadas por cubos apilables, os textos e fotos de terreo da mostra permiten ao visitante repasar a historia da organización desde a súa creación en 1971; os seus eixes de traballo, os principios da acción humanitaria e a testemuña; os perfís profesionais dos/as traballadores/as de MSF, e o seu balance financeiro e distribución do gasto.
Ademais o Susana Balo unha representante de MSF dará unha charla no Salón de actos da Biblioteca Pública de Barro  para falar da organización e resolver todas aquelas posibles dúbidas que poidan xurdir.

A exposición explica a cadea da axuda humanitaria dunha organización que, gracias aos seus casi 25.000 traballadores (tanto internacionais como persoal contratado localmente), aporta a súa asistencia a poboacións en situación precaria e vítimas de conflitos armados, desprazamentos forzados, enfermidades endémicas e epidémicas, catástrofes naturais, violencia social e exclusión da atención sanitaria, en África, Asia, Latinoamérica e Europa.
Tal e como explica a exposición, MSF naceu en 1971 da man dun grupo de médicos e xornalistas, frustrados uns porque o mandato da organización na que traballaban lles impedía prestar testemuña sobre o xenocidio dos ibo en Biafra (Nixeria, 1968), outros pola ineficacia coa que se atendeu ás vítimas das inundacións de 1970 en Pakistán Oriental (actual Bangladesh). MSF España foi creada en 1986 e actualmente é unha das seccións da organización que xestiona operacións en terreo.
MSF é unha das principais organizacións humanitarias independentes do mundo. Máis da metade dos proxectos teñen por esceario contextos en conflito, post-conflito ou altamente inestables, como Somalia, República Democrática do Congo, Darfur (Sudán), Chad, Zimbabwe, Sri Lanka, Myanmar, Colombia ou os Territorios Palestinos. No ámbito das enfermidades esquecidas, MSF asiste a pacientes de Chagas, enfermidade do sono, kala azar ou tuberculose en Bolivia, India, República Centroafricana ou Xeorxia, entre outros.
Según a última Memoria Internacional da organización, en 2008 os equipos de MSF realizaron 8,8 millóns de consultas externas, superándose os 300.000 ingresos hospitalarios, e atenderon, entre outros, a 1,25 millóns de enfermos de malaria, 200.000 nenos con desnutrición severa, 68.000 enfermos de cólera e 15.000 vítimas de violencia sexual.
No ano que rematou con máis de 100.000 partos e 2,6 millóns de vacinacións contra o sarampelo e a meninxiti. Ademais, os equipos realizaron 47.500 intervencións cirúrxicas e 150.000 sesións individuais ou en grupo de atención psicolóxica. Actualmente, máis de 140.000 pacientes con VIH/Sida reciben tratamento con antirretrovirais nos proxectos de MSF.
A exposición explica como se organiza todo este traballo, comezando polas razóns que determiñan unha intervención ou que principios guían a labor de MSF á hora de desenvolver a súa misión social de acción médica de emerxencia e testemuña: humanidade, independencia, imparcialidade e neutralidade. Asimesmo, aborda cuestións tan concretas como a organización das centrais de compra e almacenaxe que MSF utiliza nos seus envíos de material a terreo, toda unha cadea loxística que permite á organización dar unha resposta inmediata a emerxencias como o recente terremoto de Haití.
“Que é MSF?” ofrece tamén detalles sobre os traballadores da organización, os tipos de perfís profesionais e as súas competencias. Ao longo de toda a exposición, fotografías de terreo permiten entender todas as fases dunha intervención humanitaria. Se engaden ademais numerosos gráficos para detallar os orzamentos de MSF España e de MSF Internacional: de onde proceden os seus fondos e como se gastan.
Neste senso, MSF coenta con cerca de 4 millóns de socios e colaboradores en todo o mundo, entre eles uns 488.000 en España ao peche de 2009, que garanten que casi o 90% dos fondos da organización sexan de orixe privado. Na provincia de Pontevedra MSF conta con 4.488, dun total de 11.792 en toda Galicia.
Gracias a eles, explica a delegada de MSF na zona noroeste, María Díaz, “Médicos Sin Fronteras pode prestar unha asistencia humanitaria independente en todos os contextos, inmediata e allea ás axendas políticas, e denunciar sen interferencias as inxusticias de que son vítima as poboacións ás que asiste”. “Por esta razón, porque é unha axuda de sociedade civil a sociedade civil, queremos explicar o que somos e o que facemos, onde se atopan as crises nas que intervimos e quenes son as súas vítimas”.

Esta exposición, diseñada por Estudio Diego Feijóo para MSF, foi galardoada nos ED-Awards (European Design Awards) na súa edición de 2009.

Para máis información: Oficina de Voluntariado de Barro 986714806 ou María Díaz Martínez, delegada da zona noroeste de MSF. 

Galería