Exposición Imaxes no Tempo

Imaxes no Tempo

Coa finalidade de mostrar os cambios que tiveron lugar na nosa sociedade nos últimos anos, e máis concretamente como estes afectaron o Concello de Barro ponse en marcha a creación dun fondo que agrupa fotografías do concello en diferentes eidos. O fondo estará composto por calquera tipo de fotografías que reflictan actividades da vida cotiá, lugares do concello, festas, oficios, etc. tanto de agora como de antes.

 

Será a OMIX de Barro a encargada de xuntar, custodiar e difundir este patrimonio documental e todos os interesados en participar neste proxecto poden entregar nela as fotografías, que serán dixitalizadas ao momento ou envíalas ao enderezo electrónico da OMIX (omix@barro.es). O dono/a das fotografías aportará a información da localización, ano, actividade que se está a realizar etc.

Todas esas fotografías formarán parte dunha exposición que sirva para visualizar esos cambios na vida, paisaxe e costumes ó longo do tempo.

Dende a OMIX coa colaboración da Asociación Peñaflor realizaranse unhas charlas nas que veciños/as do concello falarán das súas vivencias reforzando así a información que as fotografías nos dan por si soas.