Estancias creativas

Prazo de inscrición : 20/12/ 2012


O programa 'Estancias creativas para xóvenes' da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, enmarcado no Circuíto da Creatividade, oferta un total de 150 prazas en estadías creativas de fin de semana aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos.
As estancias terán lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), na provincia da Coruña, e no Complexo Residencial Xuvenil LUG (Lugo) en oito fins de semana desde o mes de febreiro ata o mes de xuño de 2012.
As estancias inclúen a manutención, o aloxamento e os materiais básicos para a intervención artística e para a realización do traballo artístico durante a estadía.
En cada fin de semana o número de prazas será de 20, 10 por cada especialidade, sendo estas poesía, relato breve, graffiti, banda deseñada, videocreación, webcreación, creación DJ, baile, música, pintura, escultura, teatro, danza e expresión, cartelería e fotografía creativa. Como remate das estancias, no mes de xuño está prevista unha creación multidisciplinar por parte de todos os participantes.
Os interesados deberán remitir á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a súa solicitude xunto co seu proxecto e os eu currículo artístico. Coincidindo co Ano Europeo do Voluntariado, a temática dos proxectos será 'Arte voluntaria: como facer arte desde o voluntariado'.
Máis Información:www.xuventude.net