ESCOLLE O CURSO ACTIVATE 2014

A Deputación Provincial de Pontevedra, publicou o seu catálogo de cursos formativos do programa ACTIVATE 2014:

NOVAS TECNOLOXÍAS

1. Internet e correo electrónico

2. Iniciación á informática

3. Retoque fotográfico por ordenador

4. Iniciación ás redes sociais

5. Elaboración de páxinas web

AGRICULTURA

6. Cultivo agrícola, horticultura

7. Herboristería, herbas medicinais

8. Creación dunha horta ecolóxica

9. Curso práctico de clasificación de cogomelos comestibles

10. Xardinería

ARTESANÍA EN PAPEL, COIRO, VIDRO E OUTROS MATERIAIS

11. Obradoiro de coiro

12. Cestería

13. Confección de bixutería con abelorios e outros elementos

14. Deseño e estampado de camisolas

15. Traballos manuais en tea, papel madeira e outros materiais

ACTIVIDADES ARTÍSTICAS

16. Pintura e debuxo artístico: iniciación

17. Pintura e debuxo artístico: nivel avanzado

18. Fotografía: iniciación

19. Fotografía: nivel avanzado

REPARACIÓNS DOMÉSTICAS E BRICOLAXE NO FOGAR

20. Pintura e restauración de mobles

21. Tapicería

22. Reparacións domésticas de fontanería, albanelería e carpintería

23. Mecánica básica do automóbil

RECICLAXE E BRICOLAXE ECOLÓXICA

24. Reciclaxe e reutilización

ELABORACIÓNS ARTESANAIS

 25. Elaboración de xabóns caseiros e perfumes artesanais

COCIÑA

26. Cociña tradicional galega

27. Conservación de alimentos, conservas artesanais

28. Tapas, petiscos e canapés

29. Cociña internacional

30. Repostería

SERVIZOS ÁS PERSOAS

31. O xogo infantil

32. Linguaxe de signos

33. Atención e coidados básicos do neonato e do lactante

34. Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre

35. Coidados básicos para persoas dependentes

36. Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios

37. Acompañante de transporte escolar

38. Acompañante de comedor escolar

 

As persoas interesadas en participar nalgún destes cursos poden pasar pola OMIX de Barro ou enviar un e-mail a omix@barro.es  antes do xoves 12 de xuño, para escoller o curso a realizar no Concello de Barro (será o mais votado do listado dos 38 cursos)

Mais información no teléfono: 986714806.

Horario: luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00 e martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas.