Ecoetiquetas

As etiquetas ecolóxicas ou ecoetiquetas son logotipos otorgados por un organismo oficial para identificalos produtos que son máis respectuosos co medio ambiente. Son de carácter voluntario e, xeralmente, contan co soporte das ACV (Análise de Ciclo de Vida) do produto. Para cada categoría de produtos hai uns criterios ecolóxicos que permiten a avaliación e concesión da ecoetiqueta, que é válida durante un período máximo de tres anos. O produto está sempre baixo control do organismo que otorga a ecoetiqueta. Un exemplo de etiqueta é:

 A Etiqueta Ecolóxica Europea é un distintivo, común a tódolos países da Unión Europea, que denota que un produto foi valorado como máis eficiente ambientalmente que outros produtos similares. A etiqueta represéntase por un grafísmo consistente nunha flor onde os pétalos son as estrelas "comunitarias".

Presenta as seguintes características relevantes:

 * A etiqueta é compatibel con outros sistemas nacionais de etiquetado ecolóxico. Polo tanto non pretende substituír a outras etiquetas ambientais ben coñecidas (como, por exemplo, o Anxo Azul alemán). 
 * A etiqueta solicítase e xestiónase a través de organizacións autorizadas en cada un dos Estados membros, pero os criterios para conceder ou denegar a etiqueta a un produto son os mesmos en tódolos países. 
 * A etiqueta, unha vez outorgada é válida en tódolos países da Unión Europea.

Outras etiquetas

Convén non confundilas etiquetas regulamentadas, recoñecidas e certificadas por organismos oficiais con toda unha serie de etiquetas e logotipos que os fabricantes conlocan ós seus produtos. Estas etiquetas poderiámolas agrupar en:

 - As que indican que o produto está feito con material reciclado.
 - As que nos din que o produto poderase reciclar ó final da súa vida útil, sempre que se leve a un vertedoiro controlado ou a un contedor especial, contando coa boa vontade do consumidor.
 - As que sinxelamente indican o que lles interesa destacar, como por exemplo: libre de cloro, non dana a capa de ozono, produto ecolóxico, etc.

A fiabilidade destas etiquetas é baixa e pode levar a confusións e á utilización de produtos que non nos ofrecen ningunha garantía dende o punto de vista medioambiental. Xeralmente, colócanse como un argumento máis de venda aproveitando que a ecoloxía e o medio ambiente están cada vez máis presentes no noso entorno. 

A continuación, amosamos algunhas destas etiquetas: 

Reciclable : é o máis usado, indica que a materia prima coa que foi elaborado o produto pode ser reciclada. As frechas representan os tres estados do reciclaxe (recollida, conversión en novo produto reciclado e embalaxe).  

Punto verde. Indica que o fabricante ou envasador ha unha cantidade para que o envase dese produto sexa recollido selectivamente e reciclado, e para que non contamine.