CURSOS DE GALEGO NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS DE GALICIA

CURSOS CELGA
Cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1 e 4, para o ano 2008 nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. 

Requisitos 
- Persoas maiores de 16 anos, ou aqueles que os cumpran no ano natural de convocatoria. 
- Presentación de solicitudes: na propia escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, ata cinco dias antes da data establecida por cada escola oficial para o inicio do curso. 

Duracion 
- Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comenzará en febreiro e a segunda en outubro de 2008. 
- Cada curso terá unha duración de 75 horas. 

Lugar 
- EOI A Coruña: Celga 1 (Febreiro). 
- EOI Ferrol: Celga 1 (Outubro). 
- EOI Lugo: Celga 4 (Febreiro) e Celga 1 (Outubro). 
- EOI Ourense: Celga 1 (Outubro), Celga 4 (Febreiro) e Celga 4 (Outubro). 
- EOI Vigo: Celga 1 (Febreiro) e Celga 4 (Febreiro). 

Precio Os cursos serán gratuitos.
Organiza Consellería de Educación e Ordenación Universistaria/ Secretaría Xeral de Política Lingüística
Plazo de Inscripción
Informacion 986805957  DOG: 11/02/2008



* EOI de Vigo cursos adaptados a distintos colectivos:

http://www.eoidevigo.org

CELGA
Certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.Dirixido a calquera persoa interesada nesta certificación oficial. 

CEFORE CEFORE (Niveis B1 e B2) para o profesorado en xeral.
Organizado polo CeFoRe de Vigo 

Area de Lingua e Literatura Galega: 

- Galego intermedio I e II (Nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia) 
- Galego avanzado I e II (Nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia) 

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA 

No DOG do xoves 7 de febreiro de 2008 aparece a convocatoria na que se establecen os prazos de matrícula e horarios dos cursos, así como toda a información sobre o seu desenvolvemento. 

- Destinatarios: preferentemente persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia. 
- Solicitudes: modelo de instancia do anexo I . Presentarase na propia Escola de Idiomas de Vigo. 
- Prazos: 

o Quenda de febreiro: do 8 ao 28 de febreiro de 2008.
o Quenda de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2008. 

Cursos de Galego Administrativo 

Horarios

Nivel       Quenda           Mañá                   Tarde                  Días 

Medio    Febreiro       9.30 a 11.30                                Martes e venres
Medio    Febreiro                                18.00 a 20.00     Luns e xoves
Medio    Outubro       9.00 a 11.00                                Martes e xoves
Medio    Outubro     16.00 a 18.00                                Luns e mércores 


* EOI de Pontevedra 

CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA NIVEL INTERMEDIO 

A EOI de Pontevedra
e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan un curso de linguaxe administrativa galega de nivel intermedio, con carácter gratuíto (15 prazas mínimo e 25 prazas máximo). 

A duración é de marzo a xuño (60 horas de docencia, 75 horas en total), en horario de luns, mércores e venres de 17:00 a 18:30. 

O curso vai dirixido preferentemente ao persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia. 

Prazo de matrícula: Do 8 ao 27 de febreiro (ambos incluidos). 

Segundo a convocatoria, só se aceptarán as solicitudes recibidas na secretaría da EOI de Pontevedra (atención ao público de luns a venres de 9:00 a 14:00). NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES POR CORREO. 

As prazas para o persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia asignaranse por rigurosa orde de entrada da solicitude de matrícula. No caso de non cubrirse as prazas ofertadas para o curso, poderán solicitar a realización deste curso as persoas maiores de idade que posúan o certificado de ter feito o curso de perfeccionamento de galego ou acreditación equivalente. 

Consulte a convocatoria do curso (DOG 7-2-2008)