Consumo Responsabel e Medio Ambiente

"O actual estilo de vida urbano e, en concreto, os modelos de división do traballo e as funcións, o uso do solo, o transporte, a produción industrial, a agricultura, o consumo e as actividades relacionadas co lecer e, por tanto, o nivel de vida actual, fanlles directamente responsabeis de moitos dos problemas medioambientais ós que se enfronta a humanidade."
(Carta das Cidades e Municipios Europeos cara a Sostenibilidade, Aalborg, 1994).

Publicidade de consumo responsable
O consumo, causa da crise ambiental

"A maior causa do deterioro continúo do medio ambiente global é o insostible modelo de produción e consumo dos países industrializados e a degradación ambiental asociada á pobreza dos países en desenvolvemento". Esta afirmación, incluída na Resolución de Nacións Unidas que xa en 1989 convocaba o Cumio de Río de Xaneiro para tres anos despois, abriu unha nova etapa na concepción dos problemas ambientais. Dende entón tódolos foros internacionais sobre medio ambiente recoñecen que a crise ambiental ameaza a propia supervivencia do actual modelo civilizatorio, que é tanto como dicir do noso modo de vida . O máis recente documento científico do IPCC , por exemplo, deixa moi claro cal é a situación actual cando afirma taxativamente atopando "novas e poderosas evidencias de que o quecemento da atmosfera observado nos últimos 50 anos débese á actividade humana", deixando así en mal lugar as peores previsións que o movemento ecoloxista leva anos facendo, repetindo unha vez máis o mito grego de Casandra. O mesmo cabe dicir dos cálculos de futuro que fai este trascendental informe en torno ó Cambio Climático: perda de capacidade produtiva dos solos, diminución de reservas hídricas, recrudecemento de secas, aumento de fenómenos meteorolóxicos extremos, aumento de fenómenos meteorolóxicos extremos, da erosión e salinización nas costas, propagación de enfermidades infecciosas, etc.

Para ir a un caso exemplificador tan didáctico como coñecido, non podemos esquecer que o que o Prestige portaba era combustibel para producir enerxía eléctrica que abastecese os nosos televisores, microondas, lámpadas e equipos de aire acondicionado, así como as fábricas que producen as materias primas de tódolos "bens de consumo" que enchen as estanterías dos grandes e pequenos supermercados das nosas cidades, por non falar das plantas que os procesan unha vez convertidos en lixo. Todo o sistema produtivo que xera a chamada sociedade do benestar ou de consumo depende dos distintos Prestige que a miles percorren os mares do mundo dispostos a esparexer a súa negra carga xa sexa en calquera praia ou en plena atmosfera, despois de convertela en gases de efecto invernadeiro.

A Educación Ambiental debe adaptarse á realidade de hoxe.

As solucións a este desaguisado son múltiples e complexas, pero un punto de arranque de consenso asemella encontrarse en tódolos procesos de Axendas 21 postos en marcha en cidades e rexións do mundo occidental. Así, nas Bases para a Axenda 21 en Andalucía declárase que "para alcanzalo desenvolvemento sostibel e unha mellor calidade de vida para tódalas persoas transformaranse, reducirán e eliminarán, no seu caso, os sistemas de produción e consumo insostenibeis en Andalucía". Unha conspiración amabel e pacífica é imprescindibel para investir este proceso a través de instrumentos de concienciación ós que en Educación Ambiental (en adiante EA) damos uns nomes rimbombantes: cambio actitudinal, participación social, acción proambiental, concienciación. Para elo, actores sociais ata fai pouco infravalorados na EA, como son asociacións e colectivos cidadáns, deben desempeñar un papel central como referente dende o punto de vista non formal e tamén como coadxuvantes dos centros de ensinanza regrada.

Pero tamén é imprescindibel unha renovación dos contidos e dos recursos da Educación Ambiental para adaptalos á realidade da crise socioambiental despois do que vimos. E iso pasa por incluír en ambos aspectos a variable do consumo responsable e sostible. Dános unha enésima pista de por onde camiñalo xa citado informe do IPCC: "Os modelos actuais incentivan a produción e o consumo intensivo de recursos, por exemplo, na construción e o transporte, que, a súa vez, aumentan a emisión de gases de efecto invernadeiro. Pero é posibel, a través do aprendizaxe social e os cambios na estrutura institucional, combinados coa innovación tecnolóxica, facer contribucións relevantes á mitigación do Cambio Climático mediante unha transformación cara sistemas e hábitos sostibeis".

Ata fai pouco a maioría das iniciativas de Educación Ambiental tiveron como contidos a transmisión de coñecementos sobre o medio natural e a promoción de actitudes de comprensión e coidado do mesmo. Hoxe debemos superar esa etapa embrionaria porque a realidade que ten lugar no noso mundo lévanos a transmitir coñecementos sobre as causas e os efectos dos conflitos e problemas ambientais reais e a promover actitudes individuais e colectivas para a transformación do modelo social e económico cara formas de produción e consumo sostibles.

Abordar hoxe en día un proxecto ou plano de EA sen tomar en consideración a variable da produción e o consumo sostibel equivale, por tanto, a non proporcionar ferramentas para favorecer actitudes e aptitudes para o desenvolvemento de comportamentos e hábitos proambientais na sociedade. En relación a isto, ¿que valores estariamos transmitindo cando, despois de visitar cun grupo un Centro nun Parque Natural, desenrolando un magnífico obradoiro sobre a importancia ecolóxica dese espazo, sintámonos a comer con vaixelas de plástico dun só uso, hamburguesa con patacas fritidas e un refresco de cola da máquina, todo elo servido alí mesmo? O transporte e a produción, así como o valor simbólico do modelo sociocultural e do estilo de vida, transmitírase moito máis efectivamente ó grupo que calquera relación indirecta que puidese establecerse entre a importancia do Parque Natural e as actitudes cotiás para a súa conservación. Tamén o caso dos Equipamentos de Educación Ambiental, deberían contar con sistemas de enerxía solar impulsada pola propia Xunta de Andalucía, polo programa PROSOL. Como di a Estratexia Andaluza de Educación Ambiental, temos que "mellorala coherencia ambiental das instalacións e modelos de xestión das administracións públicas, as asociacións e as entidades privadas, considerando esta coherencia como elemento educador en si mesmo".


Educar para o Consumo Responsabel, garantía de sostenibilidade.

O Diagnóstico Ambiental da Axenda 21 Local de Engraiada inclúe o que ben pode servir como definición do Consumo Responsable: "Cada acto de consumo pon en marcha unha rede de interaccións nas que se gastan materias primas e enerxía de calquera parte do mundo, contamínase auga, solo e ecosistemas e repercútese negativamente na saúde humana e do conxunto dos seres vivos. Como alternativa, se deberían potencialos valores éticos, ecolóxicos e sociais do consumo (...). É dicir, ter unha visión crítica sobre as necesidades que cobren os distintos produtos, avaliar criterios para reducilo seu impacto medioambiental e favorecelo consumo daqueles que foron producidos en condicións laborais xustas." Agricultura e Gandería Ecolóxica, Comercio Xusto e Economía Solidaria e Sostible son conceptos clave para concretar estes principios.

Os mesmos, que deben aplicarse a todo o ciclo de vida do produto ("da berce á tumba"), implicarían, por exemplo, a imposibilidade de contratar un servizo de comidas en que a maior parte da materia prima proveña da agricultura industrial ou de fóra da rexión en que nos atopemos. Sendo Andalucía unha das rexións con maior produción de alimentos ecolóxicos de Europa isto resulta inxustificabel. O mesmo pode dicirse no deseño dos edificios, non adaptados a medidas bioclimáticas de aforro de enerxía nin recursos, e das compras de material de escritorio e funxible .