Cine gratuíto Museo Pontevedra

cine MUSEO DE PONTEVEDRA

O Museo de Pontevedra, en colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), puxo en marcha un ciclo de cine infantil para este ano 2015, no que se proxectará unha escolma de películas dirixidas ó público infantil dos títulos de máis éxito entre os máis pequenos.

As sesións terán lugar no salón de actos do Sexto Edificio do Museo (r/Padre Amoedo, 3) ás 17:00h, con entrada de balde ata completar aforo e previa retirada do billete na recepción.

 

A segunda película do ciclo é:

Mi vecino Totoro (21 de febreiro)

Mi vecino Totoro (Tonari no Totoro)

Hayao Miyazaki, 1988

Xapón, 86 min., versión castelá

 

Kirikú y las bestias salvajes (21 de marzo)

El mago de Oz (18 de abril).

É gratis aproveita.