CARNÉ XOVEN

NOVA APLICACIÓN PARA CONSULTAR TÓDALAS VANTAXES DO TEU CARNÉ XOVE: 

Quen, como e onde utilizalo: AQUÍ

Que é o carné xove?
 
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Quen pode facelo? Que vixencia ten?
 
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)
 
 
Como facelo?
 
Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas
 
    * Impreso de solicitude (galego) (castelán)
    * modelo de autoliquidación de taxas
 
Onde facelo?
 
O carné xove pódese facer na OMIX de Barro, Santo Antoniño Perdecanai nº12 Barro 36194 Ponteveda 986714806 (edificio da Biblioteca)
 
Onde utilizalo? Finalidade e vantaxes
 
O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.
Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
 
Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.
 
Seguro
Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.
 
As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:
 
    * Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.
 
• Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
• Transporte dos acompañantes.
• Inmobilizacións nun hotel.
• Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
• Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
• Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar en España do asegurado incluíndo a transmisión de mensaxes urxentes.
• Servizos de información para viaxes ao estranxeiro.
• Anticipo de gastos de hospitalización no estranxeiro.
• Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no estranxeiro.
• Servizo de información sobre asistencia médica.
• Servizo de trámites administrativos para hospitalización.
• Billete de ida e volta para un familiar.
• Gastos de aloxamento para un familiar.
 
    * Asistencia por danos á equipaxe.
 
• Envío e/o reenvío de obxectos esquecidos e/o roubados no transcurso da viaxe.
• Roubos e danos á equipaxe.
• Retraso na entrega de equipaxe.
• Gastos de reposición da documentación de viaxe.
• Roubo na caixa forte do hotel.
• Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
 
    * Asistencia por retraso dos medios de transporte.
 
• Retraso na saída da viaxe.
• Cancelación da viaxe por folga.
• Perda da conexión por retrasos.
• Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
• Retraso por "over booking".
 
    * Asistencia por responsabilidade civil
 
• Responsabilidade civil no estranxeiro.
• Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro.
• Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro.
• Servizo de información legal.
• Procura de representante legal no estranxeiro.
• Obtención de salvocondutos.