Campos de Traballo 2012.

Prazo eserva das prazas: comezará o día 25 de abril. As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado chamando aos teléfonos 981 544 838, 981 957 115 e 981 544 840. Tamén se poderán facer nos servizos de Xuventude e Voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

Custo: campos de traballo en Galicia e no estranxeiro (72,00 €).

No resto de Comunidades Autónomas consultar prezos para cada Comunidade.
A cota inclúe:  gastos de manutención, aloxamento e mais os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias) así como un seguro médico. A viaxe (ida e volta) ata o lugar da actividade será por conta do voluntario ou da voluntaria.

Nos campos de traballo de Galicia os voluntarios e as voluntarias que pertenzan a familias numerosas terán un desconto do 25% da cota, e os/as que posúan o carné xove dun 10%.

Existen algúns campos do Servizo do Voluntariado Internacional que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional deberá ser satisfeito á chegada ao campo.
Requisitos:

As prazas en campos de traballo no estranxeiro poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 11 de maio (inclusive).
As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 16 de maio (inclusive).


As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.


Mais información na: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Teléfonos: 981 544 838 – 981 544 840 - 981 957 115
Fax: 981 545 843
http://xuventude.xunta.es/201204167271/campos-de-traballo-convocatoria-aberta.html