Bases do concurso de disfraces infantil e adultos. Entroido 2023

imaxe entroido 2023

Establécense as seguintes bases para o Concurso de disfraces que se celebrará o día 26 de febreiro de 2023 no Pavillón Municipal do Concello de Barro.

-Horarios:           De 17:00 h. a 18:30 baile e animación

A partir das  19:00 h inicio do concurso infantil e adultos.

 

1º MODALIDADES, CATEGORÍAS E PREMIOS

Establécense os seguintes premios, con cargo á partida orzamentaria da Concellería de Cultura do Concello de Barro, coas seguintes modalidades e categorías:

CONCURSO INFANTIL

 

INDIVIDUAL

1º PREMIO INDIVIDUAL: 50€   

2º PREMIO INDIVIDUAL: 30€  

3º PREMIO INDIVIDUAL: 20€

PARELLAS                       

1º PREMIO PARELLAS: 70€        

2º PREMIO PARELLAS: 40€        

3º PREMIO PARELLAS: 30€        

GRUPOS

1º PREMIO GRUPO: 100€            

2º PREMIO GRUPO: 70€               

3º PREMIO GRUPO: 50€               

 

CONCURSO ADULTOS

 

INDIVIDUAL

1º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS: 100 €

2º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS: 60€

3º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS: 40 € 

PARELLAS

1º PREMIO PARELLAS ADULTOS: 150€

2º PREMIO PARELLAS ADULTOS: 80€

3º PREMIO PARELLAS ADULTOS: 50€

GRUPO

1º PREMIO GRUPO ADULTOS: 300 €

2º PREMIO GRUPO ADULTOS: 150€

3º PREMIO GRUPO ADULTOS: 70€

 

 

2º  INSCRICIÓN:

A inscripción realizarse previamente na OMIX do Concello de Barro.Os participantes tamén poderán informarse a través dos teléfonos 986714806 ou 690722812, tendo que facer a inscrición de xeito persoal no lugar antes indicado e tamén poderán facela no Pavillón Municipal de 17:00 a 18:30h. traendo cubertas a solicitude de participación e o Anexo I.

No momento da inscrición deberase indicar o número de compoñentes e o lema ou nome do disfraz para a  súa identificación.
Para participar a persoa responsable (grupo, parella ou individual), asumirá todas as obrigas que derivan das bases aplicables á obtención dos premios, incluídas as de índole fiscal. Ditas persoas previamente á participación asinarán declaración responsable ao respecto. Unha vez recibido o premio presentarán documentación acreditativa da personalidade, cumprimento de requisitos para ser beneficiario dos premios, así como certificado de conta bancaria na que efectuar o ingreso.

 

O lugar e horario de inscrición e recollida da documentación será na OMIX de Barro de luns, mércores, venres e sábado de 9:30 a 14:00, martes e xoves de 16:30 a 21:00.

Considérase modalidade infantil aos participantes menores de 14 anos (14 incluído). Os menores de idade que participen no desfile inscribiraos un adulto; dita inscrición levará implícita a autorización por parte dos responsables dos menores.

En caso de grupos con membros que coincidan en modalidade infantil e adulto, serán incluídos na modalidade que sume máis membros.

En caso de parellas con membros que coincidan na modalidade infantil e adulto, serán incluídos na modalidade de adultos.

 

3º DESEÑO E MOTIVOS:

Serán de libre elección. O xurado valorará a orixinalidade do disfrace e a complexidade na súa confección, así como a animación por parte dos grupos durante a celebración do baile.

Os participantes levarán un dorsal que corresponderá ao nome do disfrace inscrito.

Non poderán participar grupos ou persoas con carteis ou disfraces que conteñan alusións de carácter ofensivo contra outras persoas.

 

4º PARTICIPANTES:

Os participantes permanecerán no Pavillón Municipal ata o remate do concurso distinguíndose dúas modalidades segundo a idade.

-Idades concurso infantil: rapaces e rapazas de 0 a 14 anos.

-Idades concurso adultos: mozos/as a partir de 15 anos e adultos.

 

5. PREMIOS:

.Pequeno agasallo para todos os/as participantes na modalidade infantil.

.Premios para os 3 mellores disfraces (individual, parella e grupo).

Entrega de VALES de premios:  O domingo 26 de febreiro ás 21:00 h. Os premiados entregarán, no momento de recibir o premio ou posteriormente na OMIX de Barro (ata o día 15 de marzo), a seguinte documentación:

  • Individual: fotocopia DNI representante (pai, nai, titor/a)  e Nº de conta.
  • Parella ou grupo: fotocopia DNI representante do grupo ou parella (pai, nai, titor/a)  e Nº de conta.

Listado de premios:

INFANTIL

1º PREMIO INDIVIDUAL: 50€         

2º PREMIO INDIVIDUAL: 30€  

3º PREMIO INDIVIDUAL: 20€         

 

1º PREMIO PARELLAS: 70€              

2º PREMIO PARELLAS: 40€              

3º PREMIO PARELLAS: 30€              

 

1º PREMIO GRUPO: 100€

2º PREMIO GRUPO: 70€   

3º PREMIO GRUPO: 50€  

 

ADULTOS

1º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS: 100 €

2º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS: 60€

3º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS: 40 €

 

1º PREMIO PARELLAS ADULTOS: 150€

2º PREMIO PARELLAS ADULTOS: 80€

3º PREMIO PARELLAS ADULTOS: 50€

 

1º PREMIO GRUPO ADULTOS: 300 €

2º PREMIO GRUPO ADULTOS: 150€

3º PREMIO GRUPO ADULTOS: 70€

 

6. XURADO

O fallo do concurso o realizará un xurado convidado pola Concellería de Cultura do Concello de Barro e estará formado por persoas representativas da vida cultural do concello.

O xurado avaliará especialmente, entre outros aspectos, a orixinalidade, o uso de elementos reciclados, a creatividade, a posta en escena, a animación, etc.

A entrega dos VALES premiados realizarase ao final do concurso. A persoa responsable (inscrita como representante da parella, do grupo ou do disfrace individual), aportará o DNI e nº de conta. O nome do responsable do premiado/a, deberá coincidir cos datos dun dos titulares da conta bancaria.

Para o cobro dos premios da categoría infantil, os premiados terán que aportar os datos un adulto como representante.

 Se se trata dun grupo deberán indicalo na inscrición, aportando o número de conta bancaria do responsable do grupo para realizar o ingreso.

O fallo do xurado será inapelable, e este poderá resolver calquera cuestión non recollida nas presentes bases.

 

7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

O Concello resérvase o dereito de captación e difusión de imaxes durante o concurso infantil e de adultos para fins de publicidade e promoción.

A participación no concurso implica a aceptación plena das seguintes bases. En todo momento as persoas participantes deberán cumprir coas indicacións da organización.

As presentes bases estarán publicadas no taboleiro de anuncios e nas redes sociais do Concello, e farase referencia ás mesmas nos cartaces e nos medios de comunicación habituais.

O prazo de inscrición comeza o día seguinte á publicación destas bases.

 

8. DATOS PERSOAIS

De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (GDPR), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), informamos de que os os datos persoais serán tratados baixo a responsabilidade do Concello de Barro para a xestión deste concurso, por ser necesario para o mantemento da relación que implica dito concurso, e para publicar os datos do/a gañador/a, nos medios de comunicación, mediante a obtención do consentimento obtido a través da ficha de inscrición.

Conservaranse os datos durante non máis tempo do necesario para manter os fins do tratamento ou mentres existan prescricións legais que ditaminen a súa custodia.

Non se comunicarán os datos a terceiros sen o seu consentimento.
Así mesmo, informamos do dereito a revogar os consentimentos en calquera momento e a exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos datos e os de limitación e oposición ao tratamento dirixíndomóse Departamento OMIX, Concello de Barro, Casa Consistorial San Antoniño nº11, Perdecanai. Cp.36194 Barro, Pontevedra. Correo electrónico: omix@barro.es. Tamén informamos da posibilidade de reclamar perante a autoridade de control en www.aepd.es.