Bases concurso fotografía

1. CATEGORÍAS:
Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxísticos e etnográficos do Concello de Barro.
A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.

2. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista por categoría.

Adultos a partir de 18.
1er PREMIO:
Aspectos históricos,... =100 €
A viña e o viño,... = 100 €
PREMIO FINALISTA:
Aspectos históricos,... =50 €
A viña e o viño,... =50 €

Xuvenil ata 18 anos.
1er PREMIO:
Aspectos históricos,... =60 €
A viña e o viño,... = 60 €
PREMIO FINALISTA:
Aspectos históricos,... =30 €
A viña e o viño,... =30 €
IX 986714806

3. CÓMO PARTICIPAR:
Podrán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante podrá presentar un máximo de 2 fotografías por categoría polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.
As fotografías podrán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital.

Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós siguientes requisitos:
- Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 36 cm., en color ou en branco e negro e en soporte dixital.
- No dorso de cada fotografía deberá figurar un lema igual para o conxunto de fotografías e o título de cada una. Nun sobre pechado co mesmo lema escrito por fora deberán axuntar os seguientes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, a categoría, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada nun sobre pechado a:
Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2010”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n.
36194 Barro Pontevedra.

Calendario:
- A data de recepción comezará o 20 de Abril de 2010 e rematará o 5 de Xuño de 2010, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.
-Luns 7 de xuño reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet www.barro.es durante o mes de xuño de 2010


Xurado:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de semana do mes de xuño de 2010.


4. RESTRICCIONES
Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade do autor.
As fotografías non poderán ser alteradas electrónicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Se permitirán mínimas correccións de color e luminosidade.
Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.

As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do concello de Barro.

O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
A participación no Concurso leva a cesión a favor do Concello de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o mes de xuño e xullo de 2010. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro con referencia á Festa do Viño como na Web www.barro.es, sempre citando a procedencia e autor.
Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán descualificados automaticamente.


5. XERAIS
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que pasaran a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.


En Barro, 20 de abril de 2010
O Alcalde.
Fdo.: José Antonio Landín Eirín