Bases Concurso de Curtas D-medo 2016

concurso curtas d-medo_ultimo

BASES

- A participación no Concurso é gratuíta e diríxese a persoas de máis de 16 anos (os menores precisan autorización).

- Podese participar tanto individualmente como por grupos dun máximo de 5 persoas.

- Os participantes que o desexen disporán dun servizo de orientación e asesoramento os martes e sábados do mes de outubro na Biblioteca de Barro, dirixido por unha técnica en audiovisuais.

Inscricións:

- Os interesados en participar, realizarán a súa inscrición gratuíta a través dun formulario entregado na OMIX de Barro ou a través do e-mail: omix@barro.es. Teléfono de información 986.714.806.

- Xunto á cumprimentación do formulario o/a representante do equipo deberá subir o vídeo á conta de Dropbox habilitada para a ocasión que atopará no blog do festival ou entregala na OMIX de Barro.

- Entrega das autorizacións dos menores para a participación neste concurso.

- Permiso de uso dos dereitos de imaxe das persoas que aparezan.

- O prazo de inscrición está aberto ata o venres 28 de outubro ás 14:00 h. que coincidirá co prazo de entrega da curta).

Características xerais das curtas

- A curta non poderá superar os 3 minutos de duración.

- A temática dos vídeos será libre introducindo a idea da “Noite de Defuntos”. A curta deberá introducir unha metáfora.

- Realización exclusivamente mediante a cámara do teléfono móbil podendo logo, editarse con ferramentas externas.

- As curtas deben ser orixinais (non comercializadas ou premiadas con anterioridade), incluídos os títulos de crédito se os houbese, e gravados na máxima resolución e calidade posibles.

- Tanto para o audio como para a escrita débese empregar o idioma galego.

- Os vídeos serán valorados por un xurado que decidirá os gañadores o día 31 de outubro. Os vídeos que cumpran os requisitos de participación proxectaranse a noite do luns 31, onde se decidirá o premio do público.

- Os grupos decidirán a forma de reparto do premio, informando á organización por escrito no formulario de inscrición.

Premios:

Premio do Xurado (os vídeos con máis votos do xurado serán os premiados)

1º premio: 300€

2º premio: 1 teléfono LG K10, 4 cargadores inalámbricos de Samsung e 4 chaves USB

3º premio: 5 pases para as Termas de Cuntis “Acquaform”

4º Premio: vale de 75€ compra nos Supermercados Froiz

5º Premio: Cea para levar do Bar “A Fonte”(5 persoas)

Premio do Público: 5 tablets de 9 pulgadas e 32 gigas

Se existen premios desertos o xurado poderá outorgar estes en forma de accesit segundo o seu criterio.

Entrega de premios:

A entrega de premios terá lugar na data e espazo que determine a organización do concurso, dita información será comunicada aos gañadores do concurso con antelación.

 

Pódese consultar toda a información no PDF adxunto a continuación.