Bando PARTICIPANTES PLAN INTEGRADO DE EMPREGO 2021

Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro e Moraña, poñen en marcha o V Programa Integrado de Emprego. Programa cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal.

PARTICIPANTES: persoas demandantes de emprego empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos seguintes colectivos:

-Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación.

-Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas.

-Persoas desempregadas con discapacidade.

-Persoas desempregadas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social.

- Persoas desempregadasmaiores de 45.

ACCIÓNS PREVISTAS: vanse a levar a cabo diferentes cursos, así como prácticas en empresas da comarca.

AXUDA: As persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 7€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.

INSCRIPCIÓN DE CANDIDATOS: As persoas interesadas do Concello de Barro xa poden solicitar máis información no teléfono 986714806 - 690722812 ou presencialmente, na oficina situada no edificio da Biblioteca de Barro no seguinte horario: Luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00h martes e xoves de 16:00 a 21:00h.

Adxuntos