Axudas adquisición equipamento audiovisual e multimedia para crear medios de información electrónica

Convócanse dúas liñas de subvencións para:
-Modalidade A: adquisición durante o ano 2008 de equipamento audiovisual, multimedia e outros de natureza análoga necesarios para o desenvolvemento das súas actividades; adquisicións de ordenadores persoais, cando vaian ser destinados pola entidade beneficiaria a actividades de carácter audiovisual, e/ou equipos de comunicación que permitan a conexión aos servizos da internet.
En todo caso, terán como finalidade servir de ferramenta para que a entidade desenvolva axeitadamente as súas actividades no eido da comunicación.
-Modalidade B): crear unha páxina web en galego na internet para a anualidade 2008, que deberá estar referida á entidade solicitante e ás actividades que desenvolve; os contidos da web son da responsabilidade da entidade solicitante da axuda.
A páxina web deberá estar nun dominio propio cun primeiro nivel que sexa «.es» ou «.org». Terá como finalidade servir para facer divulgación e difusión das actividades que realiza a entidade. 

Beneficiario: 

Poderán optar a estas subvencións as entidades sen ánimo de lucro que estean legalmente constituídas no momento da publicación desta convocatoria, que persigan finalidades de interese xeral non empresarial, dispoñan dun establecemento aberto para a realización das devanditas actividades, e que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, en concellos cunha poboación de dereito igual ou inferior a 30.000 habitantes.
Publicación: DOG de 21 de xaneiro de 2008
Data de inicio: 21.01.2008
Remata o prazo: 21.02.2008
Prazo: 31 naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG Entidad: Xunta de Galicia