Aula Xuventur

890 prazas para os mozos e mozas programa 'Aula Xuventur' actividades relacionadas coa educación ambiental e a creatividade, combinando a aprendizaxe e o tempo de lecer.
 
Prazode inscripción: xoves 23 de febreiro e rematará unha semana antes do inicio de cada quenda. Solicitudes a través da páxina web www.xuventude.net.
Tres módulos de actividades diferenciados en función da temática e das idades dos participantes. 'Vive o mar, 'Multiaventura de cine' e 'Camiño a Durban'.
1º 'Vive o Mar', está dirixido a mozos de entre 12 e 16 anos que estean cursando primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso da ESO. Neste caso ofreceranse coñecementos e aprendizaxes sobre o medio mariño e o seu entorno no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa, en sete quendas de dous días entre os meses de marzo e abril.
2º 'Multiaventura de cine' terá lugar no albergue xuvenil LUG 2, en once quendas de tres días, entre os meses de marzo e xuño. Con esta iniciativa o que se pretende é achegar aos participantes o cine como ferramenta de desenvolvemento de habilidades sociais, creatividade e autocoñecemento, complementando todo isto con actividades de deporte activo. Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato o primeiro ciclo de grao medio.
3º 'Camiño a Durban' consistirá na realización durante tres días dun xogo de rol sobre educación ambiental, tendo como fío condutor o cambio climático, co obxecto de favorecer un achegamento ao concepto de educación ambiental e desenvolvemento sostible, sensibilizar da problemática do cambio climático, as súas causas, efectos e medidas paliativas.
Participantes: mozos e mozas que teñan entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato ou primeiro ciclo de grao medio. Terá lugar no albergue xuvenil de Gandarío, en seis quendas de tres días, entre os meses de marzo a maio.
 

Máis Información:   www.xuventude.net ou na OMIX de Barro 986714806