ASISTENCIA SANITARIA

Os beneficiarios da Seguridade Social española, nos seus desplazamentos temporais por determinados países de Europa, continúan o seu dereito a recibir prestacións de asistencia sanitaria de carácter inmediato en caso de enfermidade imprevista ou accidente. En xeral, este servizo está dirixido os traballadores e pensionistas, así como os seus familiares con dereito a asistencia sanitaria da Seguridade Social española.

Así, é imprescindible que antes de iniciar a viaxe solicites o Formulario E-111, certificación de dereito a prestacións en especie durante unha estancia temporal en un Estado membro, debidamente cumplimentado. Para elo, acércate a calquera Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS). Se descoñeces a ubicación do que te corresponde, visita a páxina da Seguridade Social en Internet www.seg-social.es/inss/index.html, na que hai un enlace directo o directorio dos CAISS.