Igrexa Parroquial de San Martiño-Agudelo
Construída no s. XII, estilo románico, de cuxa época conserva o ábsida cuns fermosos vans e portada occidental. Os muros da nave están reconstruídos. A ornamentación asemella ser da escola do Mestre Mateo. Nun dos capiteis do arco triunfal aparece un músico tocando a zanfoña mentres, no tímpano da porta principal, sostido por dous cans aparece a imaxe do bispo San Martiño, acompañado dun año.
Acceso: Na N-550 de A Coruña a Vigo no Km 108 no lugar de San Antonio de Barro (onde está o concello) seguiremos 200 metros e tomaremos á dereita a vía que conduce á estación de a Portela onde unha vez pasada a vía do tren (1Km) apartarémonos á dereita polo camiño de Agudelo durante 2 Km máis antes de atopar a igrexa
Igrexa Parroquial de San Breixo - Barrro
De planta rectangular co corpo posterior máis elevada. Campanario central de dous corpos con base mensulada e cúpula octogonal nervada. Fachada limpa con porta central e falsas columnas.
Localización: CANGRALLO (BARRO). Está nunha vaguada no medio do monte xunto a un manantial, o entorno é totalmente un bosque.
Igrexa de Curro
Igrexa en cantería irregular, con campanario lateral sinxelo con cuberta piramidal en pedra. Porta central alintelada con fornelo superior. Planta en "L".
Localización: FONTE DE CURRO. CURRO. Nunha pequena explanada explanada na intersección de dúas estradas. A súa beira o cemiterio e a explanada do campo das festas.
Igrexa Parroquial de Santa María de Perdecanai
Igrexa de planta rectangular Campanario lateral moi decorado. Na fachada porta alintelada, fornelo e remata en frontispicio.
Localización: RANDE (PERDECANAI). No medio da aldea, non medio do cemiterio, situada sobor dun pequeno socalco.
Igrexa Parroquial de San Mamede - A porte
Igrexa de planta en "L". Porta alintelada con frontispicio e fornelo. Campanario lateral de dous corpos. Construción en cantería irregular.
Localización: CANCELA (A PORTE). Atópase non entorno dunha aldea, enriba do vale. Ou seu lado ou cemiterio e a casa reitoral.
Igrexa parroquial de San Andrés - Valiñas
O pedestal sobre tres ecalóns, fuste moi traballado con diversos relieves, capitel con volutas continuando en cruz con Cristo e imaxes as costas. Mesa de oficiar no frente.
Localización: ALDEIŃA (VALIŃAS). Atópase aillada xunto coa rectoral e cemiterio, formando un conxunto parroquial, rodeada de árbores e cultivos.