APRENDAMOS A CAMBIAR

Hai pequenos cambios que podemos incorporar para mercar de forma máis respetuosa co medio. Quizáis pensemos que estos pequenos xestos aportarán pouca mellora global, pero ten máis repercusión do que nos pode parecer, porque somos moitos os que os facemos, e moi a miúdo.

Unha práctica que podemos aplicar en calqueira caso é manifestar aos comerciantes que queremos mercar artígos de baixo impacto ambiental, solicitar de qué están feitos os artigos e qué calidade teñen. Moitas veces non nos ofrecerán opcións ou respostas plausibeis: expliquémoslles que non estamos satisfeitos e porqué. Tenos o dereito de mercar sen estropealo noso entorno, para conseguilo temos que reclamar.

A veces, cando temos prisa ou preguiza dicimos que “un día é un día”; intentemos reducir o número de veces que esto pasa.
flechas xirando
Se...

- Utilizo productos de usar e tirar, como pilas non recargabeis, cámaras de fotos, barbacoas de aluminio ou panos e manteis dun só uso, artigos sen recambio, guantes de látex, bolsas para facer cubiños de xeo, toalliñas para limpar,etc.
- Merco productos que non poderanse reparar ou non teñen pezas de reposto.
- Tiro un obxeto sen intentar arranxalo.
- Escollo productos de pouca calidade que tieñen unha vida curta, como xeneralmente os adquiridos en tendas non profesionais e en “Todo a 100”: ferramentas, utensilios de cociña e xardinería, coitelos, xoguetes, pelotas de plástico...
- Merco cousas que podo facer eu mesmo: moitos xogos de mesa (barcos, palabras que empecen por unha inicial, etc.), comida preparada, refrescos...
- Merco sen saber exactamente para qué quero ou que estou mercando.
- Xanto en establecementos de comida rápida, onde o servizo soe ser de usar e tirar.
- Acepto catálogos, propaganda, papeis que non necesito,...
- Lévome o "agasallo-promoción" que ven adosado ó que eu quero mercar, sen que vaia a necesitalo (por exemplo un perfume co xabón, unhas toalliñas coas compresas).

...pasa que...

- Consumo máis do necesario para satisfacelas mesmas necesidades ou desexos.

Esto é problemático porque...

- Podo estar axudando a que os recursos naturais explótense a un ritmo maior que o de rexeneración.
- Contribúo a xerar residuos evitabeis.
- Participo nun modelo económico fundamentado nunha espiral crecente de producción e consumo. Este modelo é insostenibel ecolóxicamente e fainos vivir cada vez máis estresados.
- A curto ou longo prazo o gasto económico é maior, polo tanto necesito máis ingresos e polo tanto dispoño de menos tempo para mí.

Cómo podo reducila miña contribución a esta problemática

- Escoller materiais perdurabeis e valentes en lugar de fráxiles nos obxetos e tódolos seus compoñentes: cubertos de madeira de boj, bombillas de baixo consumo... Examinar as xuntas e os acabados.
- Preguntarnos se hai recambios e por canto tempo, e se o periodo de garantía é razoabel.
- Escoller productos con recambios: axendas, bolígrafos, cepillos de dentes con cabezal sustituible, maquinillas de afeitar...
- Priorizar a compra a profesionais, que xeneralmente ofrecen mellor calidade, dan servizo post-venta, pódennos aconsellar cál é a mellor opción para as nosas necesidades e cómo podemos alongala vida do producto.
- Utilizar o vaso propio en máquinas de café e fontes de auga.
- Coidalos obxetos para que non se estropeen en pouco tempo: impedir que se oxiden, que lles de moito o sol, non rascalos demasiado con estropallos. Os enseres para pintar e as pinturas pódense reutilizar se se conservan correctamente.
- Podemos arranxar moitos obxetos nos mesmos ou levalos a profesionais que se adiquen a reparar cousas: coitelos, cremalleras, zapatos, teléfonos, reloxos, xoguetes, ruopa, calcetíns...
- Alugar ou pedir prestados os obxetos que utilizaré poucas veces ou durante un tempo curto: a vaixela para unha festa, un vestido de noite, un coche, ferramentas que uso ocasionalmente, libros, guías turísticas, sacos de durmir e tendas...
- Buscar o producto en canles de segunda man ou de intercambio.

Se...

- Lévome a compra nas bolsas que me dan na tenda.
- Poño a froita e verdura cada unha nunha bolsa diferente.
- Merco artículos que veñen en envoltorios individuais: bocadillos, moitos productos alimenticios, artígos de papelería e ferretería con blisters (envoltorios de plástico e cartulina): lápices, cintas adhesivas, tornillos, etc.
-Lévome a comida para levar no contenedor que me dan.

...pasa que...

- Incremento innecesariamente a cantidade de envases e embalaxes que emprego.

Esto é problemático porque...

- Contribúo a xerar residuos evitabeis. A xestión dos residuos é complexa e cara.
- Actualmente recupéranse menos dos que se poderían recuperar. O vertido e a incineración son perxudiciais para o medio e para a nosa saúde.
- Se os envases son dalgún plástico, participo na dependencia do petróleo e utilizo un material non biodegradabel e en moitos casos non reciclabel. Se son de aluminio virxe (todo o destinado a alimentación o é), utilizo un material con un coste de extracción, social e medioambiental, moi elevado.

Cómo podo reducir a miña contribución a esta problemática

- Ir a mercar con carro, bolsa da compra... Por costume, levar no bolso unha ou máis bolsas pregadas, preferiblemente de roupa o material reciclable.
- Nun autoservizo de verdura e froita podemos enganchar tódalas etiquetas de prezos nunha soa bolsa e meter tódolos productos.
- Se merco un artigo pequeno podo poñelo directamente no bolso ou levalo na man, sen bolsa de plástico nin papel de envolver.
- Escoller productos en envases retornabeis, como algunhas cervexas, cava, auga mineral en garrafa de vidrio ou auga con gas.
- Escoller envases ou máis grandes posibel: iogur, bebidas...
- Mercar a granel: froita, verdura, embutidos, olivas, legumes cocidas e cruas, froitos secos, galletas, pasteliños, viño, bombóns e doces, cereais, material de papelería e ferretería.
- Levarme recipientes de casa ou ir a mercar a granel ou a buscar comida para levar: fiambreiras, hoveiras, botellas para o viño
- O feito de que nun envase indíquese que é reciclabel ou biodegradabel non quere dicir que se acabe reciclando ou que se biodegrade nun tempo razoablemente curto. Non por ver a inscripción teríamos que deixar de estudar se non hai alternativas mellores; o mellor é prescindir do envase sempre que poidamos.

Se...

- Merco productos que veñen de lonxe.
- Utilizo o coche para ir a comprar.

...pasa que...

- Incremento innecesariamente a demanda de transporte.

Esto é problemático porque...*

- Favorezo a construcción de máis infraestructuras: estradas, rotondas, bucles, pontes, portos, aeroportos... que estragan a paisaxe e quítannos espazo natural.
- Os vehículos fan ruido, contaminan e aumentan a agresividade.
- Non me desfago da dependencia do petróleo.

Cómo podo reducila miña contribución a esta problemática

- Pedir o comerciante pola procedenza dos productos e escoller os que veñan de máis preto.
- Se merco preto da casa ou do traballo seguramente poderei ir a pé.
- Se me teño que desprazar pódoo facer en transporte público ou en bici.

Se...

- Merco obxetos feitos de distintos tipos de plástico ou diferentes materiais: cepillos de dentes con tira antideslizante no mango, tetrabriks, cartón plastificado (papelería, vaixelas de usar e tirar), bolsas de plástico e aluminio (patatas, conxelados, chocolates e bombóns, caramelos).
- Merco productos de plástico polo xeral, especialmente os de PVC (xoguetes, cables eléctricos, cañerías, ventanas e portas) o porexpan (bandellas para alimentos, material para envolver).

...pasa que...

- Contribúo o uso de materiais poco reciclabeis.

Esto é problemático porque...

- Estos productos tenranse que levar a un vertedoiro o a unha incineradora, e polo tanto favorezo que sobrevivan este tipo de instalacións. Alí, os obxetos deixan de ser recursos materiais que se poden utilizar e convírtense en gases, líquidos e sólidos que contaminan o aire, o solo e as augas subterráneas e nos causan problemas de saude.
- Contribúo á acumulación de residuos para as próximas xeneracións.
- O tetrabrik leva aluminio, plástico e cartón. Separar os tres compoñentes é moi difícil, por iso case non se recicla. O porexpan é un dos materiais máis problemáticos o convertirse en residuo.
- Os plásticos reciclanse pouco no noso país. Os obxetos de plástico reciclado de calidade teñen que ser de un só tipo de plástico e non se puede reciclar moitas veces. Con mezclas de plásticos podense facer moi poucos obxetos e de calidade moi baixa.

Cómo podo reducila miña contribución a esta problemática

- Nos envases descartar o tetrabrik, ou porexpan e o plástico e buscar o vidro e o papel, que recíclanse fácilmente: bebidas, CDs virxes en sobres de papel en lugar de caixas de plástico...
- Pedir que me poñan o que merco a granel en cucuruchos de papel.
- Mercar obxetos dun único material, o que as partes de materiais distintos podanse separar fácilmente.
- Materiais fácilmente reciclabeis: papel, vidrio, celofán, materia orgánica, algodón... O plástico máis reciclable é o PET.
- Utilizar bolsas do lixode material compostabel, especialmente para os residuos orgánicos.

Se...

- Escollo alimentos en envase de aluminio (latas de bebidas, bolsas de aperitivos...)
- Utilizo papel ou cartón virxe.

...pasa que...

- Consumo productos de materiais virxes cando no mercado os hai reciclados.

Esto es problemático porque...

- Contribúo á sobreexplotación de recursos naturais, e esto ten un coste ambiental e social.
- Non axudo a que os productos reciclados teñan saída, co cal desmotivo ás empresas recicladoras e desaproveito o seu traballo.

Cómo podo reducila miña contribución a esta problemática

- Consumir reciclado: material de papelería, tóners, cartuchos de tinta para impresoras e faxes, vidrio, madera reciclada (conglomerado), biodiesel para o coche...
- Abonalas plantas con compost.
- Algunhas tendas venden elementos para a casa feitos a partir de obxetos de plástico en desuso. Hai moda e arte feito con obxetos reciclados.
- Separar o lixo para que os diferentes materiais póidanse reciclar.

Se...

- Merco obxetos con pilas innecesarias: mecheiros para cocina, xoguetes, artigos de broma con movemento, calculadoras, etc.
- Merco productos con metais pesantes, como mercurio (fluorescentes, pilas, termómetros, alguns plaguicidas).
- Para as prantas utilizo abonos, herbicidas ou plaguicidas químicos.
- Como alimentos non ecolóxicos.
- Utilizo productos basados en cloro: quita manchas, lixívia, PVC, papel blanqueado con cloro.
- Utilizo material con disolventes agresivos con o entorno: marcadores, rotuladores, correctores, colas, pinturas, barnices, disolventes para lavar os pinceis.

...pasa que...

- Utilizo sustancias tóxicas

Esto é problemático porque...

- No medio, as sustancias tóxicas impiden que os procesos vitais naturais se desenrolen de maneira normal, introducen disfuncións e desequilibrios .
- As sustancias tóxicas pasan do chan e da auga ás prantas e aos animais. Moitas non se dixiren senon que se acumulan nos tecidos, de maneira que contaminan e enferman toda a cadea trófica (dende os microorganismos que aliméntanse de pláncton ata as persoas que nos alimentamos de prantas e animais).
- A gran proliferación de sustancias de efectos dudosos sobre a saúde dificulta a búsqueda das causas das enfermedades de nosos tempos e a maneira de curalas.

Cómo podo reducila miña contribución a esta problemática

- Evitar os productos etiquetados como perigrosos para a saúde e no medio .
- Evitar as pilas innecessarias, sobre todo as de botón. Se necesito pilas, utilízoas recargabeis
- Mercar termómetros con alcohol tinxido.
- Utilizar calculadoras, reloxes, radios, lanternas etc. con placas solares.
- En lugar de utilizar tódolos productos de limpeza superfluos que se nos ofrecen (para vidrio, microondas, vitrocerámicas, ladrillos, acero inoxidable, etc.), usamos un só producto ou receitas sinxelas como auga con limón ou vinagre.
- Escoller neveras e equipos de aire acondicionado con refrixerante R600a .
- Evitar o PVC.
- Utilizar deterxentes ecolóxicos e pinturas e colas en base de auga. Utilizar papel de vidrio no lugar de decapados.

Fonte: revista de consumo responsabel Opcións

Galería