Adxudícase a obra “Parque infantil en Cangrallo”

cangrallo

Co obxectivo de mellorar a oferta de parques infantís do concello, ademais de reparar os xa existentes, o Goberno Municipal acordou construír un novo no lugar de Cangrallo, da parroquia de Barro.

O proxecto "PARQUE INFANTIL EN CANGRALLO" orzamentado en 29.913,89 €. está subvencionado pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2016. Das catro ofertas presentadas adxudicouse a empresa GALEGA DE ACTUACIÓNS NO RURAL S.L. que ofertou unha mellora económica de 9.215,19 €.

O Concello xa investiu outros 21.000 € en mellorar os parques de Agudelo, San Antoniño, Valiñas e Barosa que estaban sometidos a un abandono dende fai anos. Coa construción deste novo parque preténdese que tamén os nenos e nenas desa zona do concello teñan acceso a instalacións adecuadas para o seu tempo de lecer.