ACCIÓN DE VERÁN 2012

CAMPAMENTOS

Podes escoller o campamento que queiras en función das actividades que se leven a cabo nel: actividades do mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de multiaventura....

Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.

Condicións xerais (idades, prazo de presentación, adxudicacións, documentación a presentar polos participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, incorporacións aos campamentos e albergues e obrigas dos beneficiarios)

·                       Solicitudes:

Solicitude individual (Anexo IIA)(tras cumprimentar o anexo, poderá imprimilo a través de Arquivo->Imprimir->Páxinas: 1)

Solicitude múltiple (Anexo IIB)(tras cumprimentar o anexo, poderá imprimilo a través de Arquivo->Imprimir->Páxinas: 2)

Solicitude telemática ou aquí

Anexo I (para consultar datos de anos de nacemento e códigos dos campamentos) ou descarga o pdf

Descarga aquí a programación de campamentos de verán 2012 ( programa completo, e tamén por campamentos)

Descarga aquí a Orde de publicación no DOG

 

CAMPOS DE TRABALLO

Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:

Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).

Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).

De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público).

Sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade).

Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).

 

ACTIVIDADES DE 18 a 35 ANOS

Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 35 anos.
Descarga aquí a programación de actividades de 18 a 35 anos (programa completo e separado por actividades).

MAIS INFORMACIÓN NA OMIX DE BARRO 986714806