A Biblioteca

Dende a Biblioteca Municipal de Barro poñemos a disposición dos usuarios/as o fondo da biblioteca e animamos a tódolos habitantes do concello a visitarnos.

Horario a partir de outubro 2013: luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00 horas. Martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas.

O carné de socio: para facer o carné de socio debes cubrir unha instancia cos teus datos (e os do pai/nai/titor, se é menor de idade) tamén necesitas unha foto e a fotocopia do DNI.


Número de volumes: préstase un máximo de tres volumes.

A difusión dos fondos, servizos e actividades: Os usuarios da biblioteca deben coñecer os seus fondos para o que anualmente organizamos en colaboración co Colexio Público Amor Ruibal e o IES de Barro visitas, con sesións de formación e información (guía para utilizar o OPAC Meiga, que son as desideratas, que son os centros de interese, etc.) todo isto apoiado por actividades (conta contos, xogo de pistas nos libros, visitas a exposicións, etc.).

Correo electrónico: rbgalicia@eidolocal.es

Teléfono: 986714806