3ª Edición do programa Augamar

Programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño. Segundo as idades á que vai dirixido Augamar divídese en dous subprogramas: 

- DA AREAGORDA AO MAR MAIOR, programa dirixido a nenas e nenos de segundo ciclo da ESO e 1º de BACHARELATO. 

- BAIXO AS ONDAS: Augas exteriores, programa dirixido a rapazas e rapaces de entre 18 e 30 anos. 

1. DA AREAGORDA AO MAR MAIOR Programa dirixido a nenas e nenos de segundo ciclo da ESO e 1º de BACHARELATO. Consta de dous módulos que se desenvolven simultaneamente:

- MÓDULO I: DA AREAGORDA Á BEIRIÑA (2º ciclo da ESO): baseado na interpretación do litoral e o segundo na interpretación do medio mariño e as rías. Céntrase na diversidade biolóxica intermareal do efecto borde terra-mar e no impacto ambiental das actividades humanas, especialmente o impacto do Prestige nas costas galegas e o papel do voluntariado.

- MÓDULO II: DA BEIRA AO MAR MAIOR (1º BACH): Céntrase no estudo das rías, nas augas interiores, na riqueza biolóxica e na economía produtiva expoñendo as actividades de voluntariado, o medio ambiente e o mar. Desde o mar abórdase o recoñecemento do litoral, a navegación costeira e, en relación cos labores extractivos de pesca e marisqueo costeiro, a navegación de cabotaxe e os labores extractivos na Ría e na plataforma. Achégase información sobre a ordenación e xestión pesqueira e sobre as áreas mariñas protexidas.

O desenvolvemento do programa terá lugar no Albergue Xuvenil As Sinas de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

DATAS: Desenvolverase de luns a venres segundo as datas:

Abril 2008: do 7 ao 11, do 14 ao 18 e do 21 ao 25.

Maio 2008: do 5 ao 9, do 12 ao 16, do 19 ao 23 e do 26 ao 30.

Xuño 2008: do 2 ao 6, do 9 ao 13, e do 16 ao 20.

(A incorporación ao albergue é o luns despois de comer e a saída é o venres despois de comer).

Os participantes deben levar útiles de aseo persoal, toallas, roupa de abrigo, calzado deportivo, protección solar e saco de durmir.

NÚMERO DE PRAZAS: 96 prazas por cada quenda (incluídos profesores/as de ser o caso)

PREZO: O prezo por praza (alumnos e profesores, de ser o caso) é de 40 euros. Os posuidores do carné xove Euro<26 e do carné Máis (que debe acreditarse mediante fotocopia, e estar vixente no momento do pagamento), terán un desconto do 25% (30 euros).

2. BAIXO AS ONDAS: Augas exteriores Programa dirixido a rapazas e rapaces de entre 18 e 30 anos. Desenvolverase no buque Nauja. O prazo para realizar as inscricións comezará o luns 11 de febreiro.

Este módulo do programa Augamar está centrado no estudo dos fondos mariños e da columna da auga. Recolleranse os campos de coñecemento relativos ao perfil dos fondos oceánicos e augas profundas, correntes e condicións oceanográficas a mesoescala, riqueza biolóxica e ecosistemas abisais. O traballo no mar centrarase na navegación, así como nas pesqueiras afastadas e de profundidade - abordando os labores de xestión da pesca na liña da explotación sostíbel - e nas áreas mariñas protexidas. A conservación do medio mariño é a idea forza e o interese das especies ameazadas é un obxectivo de comunicación complementario.

NÚMERO DE PRAZAS: 15 persoas por quenda. Recolleranse inscricións ata cubrir as prazas ou, de ser o caso, ata cinco días naturais antes da viaxe.

DATAS: Desenvolverase de venres a domingo segundo as datas:

Abril 2008: do 4 ao 6, do 11 ao 13, do 18 ao 20 e do 25 ao 27.

Maio 2008: do 9 ao 11, do 16 ao 18, do 23 ao 25 e do 30 ao 1 de xuño.

Xuño 2008: do 6 ao 8, do 13 ao 15 e do 20 ao 22.

O porto base será o do Grove.

(A incorporación ao barco é o venres antes das 20:00 h e a saída é o domingo a partir das 16:00 h).

Os participantes deben levar útiles de aseo persoal, toallas, roupa de abrigo, calzado deportivo, protección solar e saco de durmir.

COTA DE INSCRICIÓN: 75 euros. Os posuidores do carné xove ou do carné máis (que se debe acreditar e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 20% (60 ?).

O prezo inclúe aloxamento en réxime de pensión completa en cuartos de uso múltiple (no barco), actividades con monitores e navegación nos barcos, seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

(O desprazamento ao barco, tanto de ida coma de volta, será por conta dos participantes).

INSCRICIÓNS

As preinscricións poderanse efectuar na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, persoalmente ou por teléfono, e nos servizos provinciais e oficinas locais de xuventude.

O prazo para acreditar o ingreso do custo da praza é de dous días desde que se fixo a preinscrición, (mediante a presentación do xustificante do pagamento e a fotocopia do DNI).

Non se considerará ningunha inscrición confirmada, en firme, sen este trámite.

INFORMACIÓN

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

Edif. administrativo San Caetano s/n, bloque 3 - 1º

15781 Santiago de Compostela

Tel. 981 957 057 - fax: 981 545 843