O Nome: Como claramente se pon de manifesto na relación inserta no BOPP, número 97 do 3 de decembro de 1836, o nome do concello procede da parroquia de Barro, San Breixo, e non de ningunha entidade singular de poboación. A capital municipal Segundo se determinaba no BOP, número 97 do 3 de decembro de 1836 da nova planta, o concello de Barro. tiña por capital o lugar de Porrans, na parroquia de San Breixo de Barro. No Madoz (diccionario) dise textualmente que a capital do concello atópase no lugar de Porrans, que pertence a feligresía de Barro. E neste lugar de Porrans ou Coruto figura a capital no século pasado, pero dende o ano 1900 en San Antoniño. En realidade Porrans e Coruto, son dúas entidades distintas da parroquia de Barro, polo que e de supoñer que o concello se cambiase dun a outro lugar. Coruto ten 74 habitantes e Porrans, 82. A casa do concello A casa consistorial de Barro &e...