As parroquias que hoxe forman o municipio de Barro, durante o Antigo Réxime, e segundo sinálase no Censo de Floridablanca, pertencían todas elas á xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago. O que hoxe é o termo municipal de Barro formaba parte dun dos primeiros concellos constitucionais, concretamente do de Trasumia. E mesmo pertencía ao partido xudicial de Caldas de Reis, sendo en total nove os municipios que compoñían esta demarcación xudicial. Unha vez feita a división de Galicia en catro provincias, en 1822 o concello de Trasumia permanece dentro do partido de Caldas de Reis, que pasa de nove a trece concellos. Este aumento de concellos é consecuencia do establecemento dunha nova fronteira interprovincial entre Vigo e A Coruña, o río Ulla. O concello constitucional de Trasumia foi suprimido como todos os demais polo Decreto de Fernando...