BANDO XLIII FESTA DO VIÑO DE BARRO Don Xosé Manuel Fernández Abraldes, Alcalde-Presidente do Concello de Barro, fai saber que: - Os días 16, 17, 18 e 19 de xuño terá lugar a XLIII edición da Festa do viño de Barro, polo que se pon en coñecemento das persoas elaboradoras de viño que a entrega dos viños caseiros que queiran participar no concurso deberán presentado dende o 23 de maio ata o 9 de xuño nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas. - As cinco categorías que valorará o xurado son: branco país, tinto país, albariño, caíño e outras elaboracións de variedades autóctonas (mencía, plurivarietais, rosados, escumantes, etc). Por cada viño que se presente ao concurso deberanse entregar un total de tres botellas. - A primeira fase da cata dos viños caseiros celebrarase no Cent...